Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiro falecido nos EUA

Cataluña rexistra o primeiro contaxio do H1N1 entre humanos fóra de México

Ao tempo que a OMS cavila elevar o nivel de alerta, o Centro Europeo de Prevención avalía que o virus podería causar mortes tamén en Europa.

Redacción - 20:45 29/04/2009

Son xa 120 casos de gripe do porco confirmados en laboratorio en todo o mundo: 64 nos Estados Unidos, 26 en México, 13 no Canadá, 10 no Estado Español, 2 no Reino Unido e 3 en Nova Celandia. Ao tempo, o número de casos sospeitosos pendentes de confirmárense aumenta tamén. Por este motivo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) comunicou a posibilidade de aumentar o nivel de alerta de pandemia até 5, nunha escala de 6. Isto acontecerá cando se rexistre unha transmisión sostida do virus en cando menos dous países.

De paso, o Ministerio de Sanidade informa dun total de 10 casos confirmados a nivel estatal. O máis significativo é o acontecido en Cataluña cun mozo que non viaxou a México, o único até o de agora deste tipo. Trátase da parella dunha moza que si viaxara a aquel país, onde contraeu o virus. Xa que logo, o primeiro contaxio persoa-persoa fóra de territorio mexicano. Permanecen en análise un total de 70 casos sospeitosos de estaren relacionados co becho H1N1, entre eles dous en Galiza.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: