Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: chantada

21/Febreiro/2010 /

Chantada inaugurará as catas por multivideoconferencia

Media ducia de telecentros do país dispoñibilizarán unha cata guiada onde comprobar da calidade da colleita da Ribeira Sacra no último ano.


23/Xaneiro/2009 /

Para os nacionalistas "e para os non nacionalistas", defende Quintana o programa do BNG

"Antes era de pailáns reivindicar os produtos da terra e agora descóbreno como unha gran medida contra a crise", reprochoulle Quintana ao ministro de Industria.


31/Outubro/2008 /

Arroutada miñota no mercado gandeiro

O 1 de novembro haberá xogos bravús, aberto de billarda, magosto, festa e concertos: The Real McKenzies, Skárnio, Skacha e Skama la Rede.


6/Outubro/2008 /

Vaia Castañazo: The Real McKenzies!

A banda de Vancouver encabeza o cartaz da edición 2008 do Castañazo Rock. Ademais, Skarnio, Skacha, Skama la Rede e Xerock.


1/Marzo/2008 /

O queixo e a mellor música comparten cartel en Arzúa

O municipio celebra esta fin de semana unha das citas gastronómicas máis importantes do país.


3/Novembro/2007 /

Chantada convértese na capital do bravú

Toda a xornada do sábado está dedicada ao movemento nado hai 13 anos que renovou a cultura do país.


19/Outubro/2007 /

O Castañazo Rock recupera o movemento bravú no seu 13 aniversario

Haberá concertos, unha mesa redonda, polbo, magosto e presentarase un disco de homenaxe aos Diplomáticos.


11/Outubro/2007 /

Mercedarias da Caridade botan dun xeriátrico a dúas traballadoras que se afiliaran á CIG

Críticas de veciños e sindicato á actitude das monxas, que nos últimos días orixinou mesmo unha nutrida manifestación contra esta decisión.


2/Outubro/2007 /

AMAL nega ter sabotado catro parques eólicos

Responden ás insinuacións da patronal eólica, que alerta de que os ataques sucederon os mesmos días que as camiñatas de "resistencia nacional"


1/Outubro/2007 /

Investigan unha serie de sabotaxes en parques eólicos

A patronal dos muíños destaca que nos mesmos días dos ataques a asociación independentista AMAL organizou rutas reivindicativas


23/Agosto/2007 /

A Deputación de Lugo comprométese a iniciar contactos para o pagamento do canon

En setembro comeza o proceso para resolver unha das herdanzas máis graves do anterior goberno provincial. Son vinte millóns de euros os que o ente lle debe aos 17 concellos afectados.


27/Maio/2007 /

O BNG acada a absoluta en Monforte e o PPdeG perde Chantada

En Monforte, co 100% escrutado, o resultado é: BNG (9), PPdeG (4), PSdeG (4).


3/Abril/2007 /

Dezaseis concellos gobernados polo PP seguen evitando denunciar a Deputación polo canon

A débeda suma xa 14 millóns de euros. Só o Concello de Chantada presentara denuncia, no treito en que o PPdeG perdera o goberno local.


27/Febreiro/2007 /

Os veciños do eólico de Chantada din que non aceptarán unha indemnización "miserábel"

"Eles din que o recurso é bo para nós pero o certo é que só é bo para a Xunta". Así fala José Antonio Diéguez, presidente da Comunidade de Montes de Argozón, promotora dunha pioneira sentencia que obriga a demoler un complexo eólico en Chantada. A Consellería de Industria anunciou onte que recorrerá este fallo porque “a sentencia non ofrece máis alternativa co desmantelamento do parque”. Polo contraio, os veciños defenden que, con ese veredicto na man, poderían negociar mellor coa empresa algunha compensación polas terras expropiadas ilegalmente. Ademais, outras comunidades de montes poderían aproveitarse da sentencia para sacarlle ás empresas un maior pedazo do pastel da enerxía eólica galega.