Haberá concertos, unha mesa redonda, polbo, magosto e presentarase un disco de homenaxe aos Diplomáticos.
O sábado 3 de novembro resucita en Chantada o Castañazo Rock, un festival que tentará recuperar o espírito do bravú, nado hai trece anos na aldea de Viana. Os concertos de Motor Perkins, Cuchufellos, Ruxe Ruxe, Os tres trebóns, Rastreros e Zënzar comezarán ás nove da noite no mercado gandeiro. Pero a xornada estará dedicada por completo a un movemento que revitalizou a cultura do país.
Ás cinco da tarde, algúns dos principais expertos no movemento bravú participarán na mesa redonda Bravú: pasado presente no futuro. Estarán presentes Manuel Rivas, Santiago Jaureguízar, Alberto Casal, Xavier Valiño, Emilio López, Xurxo Souto, Suso Iglesias, María Yáñez e Xosé Manuel Pereiro, con Belén Regueira como moderadora. Despois presentarase un disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto, 120 capadores, no que participaron diversos grupos galegos.
Este vídeo amosa os Rastreros na gravación do disco: