O xoves presentouse unha das webs máis agardadas da Internet galega. É Bravú.net: chega da man da productora Continental, cun capitán chamado Xosé Manuel Pereiro, e négase -así, de boas a primeiras- a ser "outra vaca no cibermillo". Queren ser un faro cibernético da cultura alternativa, un burato negro na rede, un garito cibernético no que paran os insurxentes... Ou o que é o mesmo: unha factoría multimedia na rede para a creación de productos culturais de calidade. Prometen falar de música, literatura, banda deseñada, fotografía... todo para xente nova. E contando con colaboradores de luxo: Rómulo Sanjurjo, Vari Caramés, Jaureguizar, Suso de Toro e moitos outros.
.