Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CANCIÓN GALEGA DO VERÁN

Arranca o cuarto A Polo Ghit!

Ábrese o prazo de recepción de candidaturas ao concurso musical organizado por Vieiros e a Radio Galega.

Redacción - 12:45 09/05/2009

Este sábado ábrese o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición de A Polo Ghit, o concurso que procura a canción galega do verán. Os grupos e solistas que queiran participar no concurso organizado por Vieiros e a Radio Galega poden enviar as súas cancións aos dous medios.

Lembramos que os temas teñen que ser orixinais, a letra debe estar en galego e teñen que ter as características típicas dunha canción do verán. Haberanse de mandar en formato MP3 aos enderezos electrónicos apologhit@vieiros.com e apologhit@crtvg.es, ou ben en formato físico por correo tradicional a Extrarradio, Radio Galega, San Marcos, 15820 Santiago de Compostela e mais a Vieiros, Rúa do Pombal, 43, soto, 15705 Santiago de Compostela.

Os arquivos ou discos terán que ir acompañados dos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista. Nas próximas semanas publicaranse as bases desta edición de A Polo Ghit, activarase a web do concurso e comezarán a publicarse nela e a soar no programa Extrarradio da Radio Galega as primeiras candidaturas recibidas.

Catro anos de andaina
Na anterior edición de A Polo Ghit participaron 82 cancións. Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags, foi a gañadora, e representou a Galiza no festival de linguas minorizadas Liet Lavlut, que se desenvolveu en Laponia no mes de outubro pasado. Biocultivos, de Sacha na Horta, foi a primeira clasificada na edición de 2007 e In the ocean de Pulpiño Viascón, gañou o primeiro certame, en 2006.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: