Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do grupo 'Sacha na Horta'

"Biocultivos" é o ghit do verán 2007

"Vivo na terra do sol, aínda que chova aquí vai calor", cantan Sacha na Horta. Un grupo descoñecido até o momento que acada o premio á canción galega do verán.

Redacción - 12:50 18/08/2007
A cadela Maca, na horta das compoñentes do grupo

A cadela Maca, na horta das compoñentes do grupo

Unha formación debutante converteuse na gañadora da segunda edición de A Polo Ghit, o concurso convocado por Vieiros e a Radio Galega para procurar a canción do verán. Sacha na Horta, un grupo de mulleres que viven na compostelá rúa das Hortas e que non tiña experiencia anterior no mundo da canción, foi merecedora do premio.

Esa foi a decisión do xurado, formado por Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos. Agora, o grupo gañador gravará un videoclip profesional na Televisión de Galicia e voará a Cuba para participar na Feira do Libro da Habana en febreiro do 2008, coa delegación da Consellaría de Cultura. O tema premiado, Biocultivos, fala da vida e da visión do mundo destas mulleres. Parabéns!


A clasificación final:

Biocultivos, de Sacha na Horta
O Son do Son, de Mordecans
Pinguinha, de Amacuca
Verbenero, d'Os Forfiestas
Bikos from Madeira, de Snatch
Ti eres de aquí ou vicheches á festa, de Magín Blanco
Mira como canta, de Pandeiromus
Guachin in the sky, de Chupadeskay
8 que 80, de Kógito
10ª Tranquilo viejo, de Jabón Blue


4,69/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: