Están aquí as seis primeiras canción que participan no concurso que organiza a Radio Galega e Vieiros.
Xa está en marcha a terceira edición de A polo ghit!, o concurso que busca a canción do verán galega. Este ano xa temos seis candidatos nada máis comezar. Por orde alfabética: Banda Potemkin, Dúo Estúpido Mascalzone, Magín Blanco & Burgas Beat, Mostoboys, Os John Deeres e Projecto Mourente.
Este ano hai algunhas novidades nas bases: a principal, que os temas teñen que ser orixinais e non versións. As votacións (que este ano terán un peso específico) abriranse o luns 26, pero xa se poden escoitar e comentar as seis candidaturas.
Entra xa en A polo ghit