Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Vía libre a Xoán Gato para continuar coa súa candidatura á Xunta

O xuíz decidirá pasados os comicios sobre a ilegalidade do congreso de Terra Galega organizado por Pablo Padín.

Redacción - 20:00 13/01/2009
Gato, o sábado en Narón

Gato, o sábado en Narón

O xuízo que determinará sobre a ilegalidade do congreso organizado en xullo de 2008 pola facción de Terra Galega (TeGa) encabezada por Pablo Padín, será o 9 de marzo, despois das eleccións do 1M.

Até daquelas, terá validez o auto emitido en agosto, que considerou ilegal tanto a realización do congreso como a elección de cargos durante o mesmo. Polo tanto, o grupo que lidera o alcalde de Narón, Xoán Gato, mantén a representación legal do TeGa.

As dúas faccións presentáronse este martes nos xulgados de Compostela á audiencia previa do proceso xudicial iniciado o ano pasado cando a maioría do partido solicitou a impugnación do congreso e do Consello Político.

"Nacionalismo de centro"

Gato, xa que logo, ten vía libre para continuar coa súa candidatura á Xunta, que presentou o sábado pasado en Narón. Cunha aposta por un "nacionalismo de centro", quérese facer un oco no Parlamento, obtendo representación polas provincias de Lugo e da Coruña.

Primeiro, antes do día 20, terá que presentar a súa renuncia á Alcaldía, despois de 23 anos como rexedor, nos que estivo á fronte de gobernos tanto en maioría coma en coalición, co PSdeG, co BNG e, na actualidade, co PPdeG. Substituirao o seu concelleiro de Urbanismo, Xosé Manuel Blanco.


3/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: