Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito con Reganosa

Veciños da ría ferrolá reciben un novo gaseiro a golpe de cazola

O Comité Cidadán denuncia que o 'LNG Adamawa' descargará máis de 150 mil metros cúbicos, cando o máximo autorizado é de 140 mil.

Redacción - 17:15 05/12/2007

Ao redor dun cento de veciños da ría de Ferrol concentráronse esta cuarta feira ao mediodía fronte ao edificio da Autoridade Portuaria, no porto de Curuxeiras, para protestaren pola entrada do undécimo buque gaseiro, dende o pasado 9 de maio, cara á planta de Reganosa, no municipio de Mugardos.

Manuel Anxo Rodríguez Carballeira, coordinador da protesta, criticou a política de "intoxicación" da empresa, en referencia á nota de prensa publicada este mesmo mércores nalgúns medios, onde se afirmaba que o buque LNG Adamawa xa atracara este martes na planta.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol denunciou esta semana que o gaseiro ía descargar 68.000 toneladas de gas licuado, que cunha densidade de 0,4465, equivalen a 152.292 metros cúbicos.

Isto suporía unha ilegalidade, xa que a cantidade máxima autorizada coa que conta é de 140 mil metros cúbicos. Reganosa, pola súa banda, afirma que só se tratan de 61.036 toneladas de gas natural licuado, é dicir, 137 mil metros cúbicos.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: