Está previsto que o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol saia en liberdade a primeira hora da tarde deste venres.
Un momento da marcha de apoio a Bastida da pasada fin de semana
Este xoves, o fiscal presentou un informe no que se adhire ao recurso de reforma presentado polo avogado defensor do patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, solicitando a súa liberdade sen fianza.
A xuíza do xulgado número seis, encargada do caso, decidiu a última hora da mañá deste venres ás a liberdade para Bernardo Bastida.
O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, agarda que despois de serlle trasladada a decisión, vía fax, ao cárcere de Teixeiro (Curtis, Betanzos), Bastida poida quedar ceibe a primeira hora da tarde.
Recibimento
A Confraría de Pescadores e o Comité de Emerxencia convocaron para as 17.00 horas deste venres un acto informativo no recinto da lonxa do peirao comercial Fernández Ladreda, coa intención de organizaren o recibimento de Bastida.