Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Logo de que o xulgado ratificara a orde de prisión

O patrón maior de Ferrol considérase "preso político" e anuncia unha folga de fame indefinida

Bastida, que leva seis días preso logo das protestas contra Reganosa, terá que seguir no penal de Teixeiro

Redacción - 18:13 05/06/2007

Un xulgado ferrolán ratificou este martes a prisión sen fianza para Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, encadeado logo das protestas dos mariñeiros contra a planta de Reganosa. Bastida entregoulle un papel manuscrito ao seu avogado no cal mostraba a súa intención de comezar unha folga de fame indefinida ao considerarse "preso político".

A xustiza acusa a Bastida, que está no penal de Teixeiro dende o pasado 30 de maio, de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas. Bastida encabezou o bloqueo do 29 de maio que impediu a entrada do metaneiro “Mourada Didouche”.


Desde o Comité de Emerxencia achégannos a declaración manuscrita de Bastida:

"Bernardo Bastida Sixto, P.M. Da Confraría de Pescadores de Ferrol

Declaro o seguinte:

1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.
2º.- Que non baleirei as arcas de ningún municipio nin entidade algunha.
3º.- Que o único delito que cometín foi o de cumprir co meu papel de Patrón Maior e respetar as decisións tomadas en Asemblea. 4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.
5º.- Que non cometín ningún dos delitos dos que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.
6º.- Agradecer de todo corazón o apoio recibido de todos.

Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por desgracia non me deixan outra alternativa"


4,8/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: