Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Coma 320.000 campos de fútbol

Alerta no Amazonas: 3.235 quilómetros cadrados menos en cinco meses

O goberno de Brasil dá a coñecer os datos sobre deforestación no pulmón do planeta, no período agosto-decembro de 2007.

Redacción - 09:00 25/01/2008
A deforestación avanza imparábel no Amazonas

A deforestación avanza imparábel no Amazonas

Segundo datos preliminares divulgados esta cuarta feira en Brasil polo Ministério do Meio Ambiente e polo Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (Inpe) apuntan unha deforestación na rexión amazónica de 3.235 quilómetros cadrados entre agosto e decembro de 2007, o equivalente a perto de 320 mil campos de fútbol.

Malia que non falan de crecementos porcentuais debido a falta de informacións completas do mesmo período de anos anteriores, a ministra do Meio Ambiente, Marina Silva, asegurou que o número representa unha tendencia "preocupante". "O governo não quer pagar para ver. Não vamos aguardar a sorte, e sim, trabalhar para fazer frente a esse processo", afirmou Silva.

A maior deforestación produciuse en tres estados: Mato Grosso (53,7% do total), Pará (17,8%) e Rondônia (16%), e nos meses de novembro e decembro. Entre as causas, a ministra citou a seca prolongada e a influencia do avance da produción de soia nestas rexións.

Estaba previsto que a ministra manteña unha xuntanza esta quinta feira co presidente Luiz Inácio Lula da Silva, no Palácio do Planalto, para analizaren os datos.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: