Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRIBOS "NON CONTACTADAS"

A colonización no Amazonas ule a petróleo

A organización Survival denuncia que hai quince tribos ameazadas en Perú polas empresas petroleiras.

Redacción - 11:25 18/11/2007
Unha muller, á beira do río Las Piedras, Perú

Unha muller, á beira do río Las Piedras, Perú

Na selva amazónica, ao sudeste do Perú, preto da fronteira con Brasil, seguen a vivir tribos “non contactadas”. Hai poucas semanas, un avión do Instituto Nacional de Recursos Naturais do Perú conseguiu algunhas fotografías.

A organización Survival estima que hai uns quince pobos aillados no Perú que están ameazados polas explotacións petroleiras. Segundo Survival, estas tribos non teñen inmunidade a enfermidades foráneas e calquera contacto pode ser moi perigoso para elas.

O presidente do Perú, Alán García, escribiu un artigo no xornal El Mercurio no que defende a explotación empresarial do Amazonas e pon en dúbida a existencia destas tribos.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Nena Ashéninka, do río Iurua, Perú / Foto: David Hill. Survival
Nena Ashéninka, do río Iurua, Perú / Foto: David Hill. Survival
Home Mastanahua, do río Curanja, Peru / Foto: David Hill. Survival
Home Mastanahua, do río Curanja, Peru / Foto: David Hill. Survival