 |
Din que non hai alternativa, que nada se pode facer ante inercia esmagadora do mercado, que os centos de millóns de famentos, refuxiados e víctimas da guerra son só os danos colaterais dun sistema que ten a poderosa consistencia dunha lei física. Eso din os donos das palabras.
Desde hai tres anos, os que participan no Fórum Social Mundial de Porto Alegre, no estado brasileiro de Río Grande do Sur din algo ben distinto. Ou cando menos afirman a necesidade de facer oír a voz dos que sofren as consecuencias daqueles que, como perversos reis Midas, todo o que tocan o converten en mercadoría.
Máis de cen mil persoas de 126 países abren entre o 23 e o 28 de xaneiro un espacio de debate e propostas de transformación. O lema do Fórum Social Mundial segue vixente desde a primeira edición: “outro mundo é posible”.
|
 |
‘A voz da auga’ É este o nome dun proxecto creado coma paso previo a este ‘3º Foro Mundial da Auga’.
Auga para o desenvolvemento Dous millóns de persoas morren cada ano por enfermidades relacionadas coa falta de auga potable.
Por un comercio xusto “¿Sabes que cando mercas algo fabricado ou cultivado nun país do chamado terceiro mundo participas nunha estafa millonaria?”.
Informe da ONU crítico coa prohibición das drogas Lonxe de rematar con ningún dos problemas, a estratexia prohibicionista coas drogas segue investindo millóns sen resultados.
Comerciando coa saúde A histórica loita para que os países en desenvolvemento puidesen recurtar os elevados custos de botica para protexer os seus pobos dos andazos que sofren segue bloqueada polas presións farmacéuticas.
¿Por que os inspectores non inspeccionan os EEUU? varias asociacións pacifistas canadianas conclúen que “o goberno USA é unha gran ameaza para a seguridade mundial” e promoven o envío dun equipo de inspectores de armas voluntarios aos Estados Unidos.
A responsabilidade de FMI e BM na pobreza mundial A Conferencia das Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento subliña que hai que dar medios para subsistir e non axudas de emerxencia que convirtan os países pobres en asistidos permanentes.
Denuncian a reducción de axudas aos países pobres "É mellor ser unha vaca no norte que un pobre no sur". Velaí a contundente frase coa que Social Watch subliña o seu informe 2003 sobre a pobreza no mundo.
Os de Davos marchan con medo á guerra e a recesión ‘Recuperar a confianza’ era o lema. Pero a preocupación dos asistentes ao Foro Económico Mundial, lonxe de minguar á fin desta xuntanza, non fixo máis que reafirmarse.
O FMI e os EEUU confían en Lula... “O novo plan económico é correctamente ambicioso”. Brasil asiste con satisfacción, sorpresa e certa suspicacia ás palabras de apoio do subsecretario USA do Tesouro e do director do FMI.
Subliñando o cambio para América do Sur Ao tempo que se prepara xa a viaxe do Fórum cara outras latitudes, os organizadores subliñan a importancia do evento coma símbolo dos novos tempos para o continente.
Educación, organizacións políticas e desobediencia civil “Se quere organizar unha cooperativa de traballadores ou parar a guerra só existe unha forma: educación, organizacións políticas e desobeciencia civil”, velaí a proposta de Noam Chomsky.
Carta de Evo Morales ao FSM O que fora líder dos cocaleiros bolivianos, deputado do Movemento ao Socialismo e candidato á presidencia do país, o líder indíxena Evo Morales, envía unha carta de adhesión a Porto Alegre.
Porto Alegre-Davos: ¿a nova división do mundo? Outro Mundo é Posible, sí, pero non está sequera en construcción. O éxito provisional deste proceso é xa o espertar dunha conciencia colectiva. Unha análise do IGADI.
Outro ALCA é posible Clave das estratexias políticas no continente americano, o acordo para a creación da Área de Libre Comercio das Américas vén sendo un dos obxectivos prioritarios da administración Bush.
Levar a ONU fóra de Nova York? Non é un debate novo a reforma das Nacións Unidas, pero dende Porto Alegre veñen de reeditalo cunha novidosa proposta: levar a súa sede fóra de Nova York.
En Davos segue a cautela e a preocupación "Nunca nos 33 anos de historia do Foro Económico Mundial a situación no mundo foi tan complexa, fráxil e perigosa coma este ano", advertiu o presidente do Foro, Klaus Schwab,
Solidariedade con Chávez en Porto Alegre O presidente venezolano anunciou no Foro un proxecto de medidas anti especulación inspiradas na taxa Tobin.
Discurso de Lula en Davos Velaquí o discurso íntegro do presidente brasileiro no Fórum Económico Mundial.
Outro mundo é posible Unha nova pantasma percorre o mundo: o mal chamado movemento de antiglobalización. Pero ¿porque xurdiu?. Un artigo de Senén Murias, director da Fundación Paz e Solidariedade.
Compostela ensaia os orzamentos participativos Os orzamentos participativos responden a unha filosofía política e administrativa que implica aos cidadáns na xestión das contas públicas do seu concello. O modelo de referencia é Porto Alegre.
Lula proporá outro mundo posible tamén en Davos Malia as críticas de última hora e as voces que lle pedían que non viaxase a Davos, Lula estará presente nos dous foros.
Porto Alegre abre berrando contra a guerra Cento corenta mil persoas, segundo os organizadores, asolagaron as rúas da cidade brasileira na manifestación de apertura.
Os de Davos, pesimistas Vese fráxil o lema ‘Recuperar a confianza’ que os promotores do Fórum Económico prometían vender, logo dun período marcado pola corrupción e os grandes escándalos económicos.
Galegos en Porto Alegre Entre os confirmados, o BNG con Beiras á cabeza, unha delegación da CIG e o catedrático Xesús Jares do Seminario Galego de Educación pola Paz.
O Fórum Social 2004 será na India Os organizadores agardan así que a cita poida abrirse con máis facilidade á participación de colectivos asiáticos e africanos.
Soares: "Lula é a fin do cinismo na política" O ex presidente da República Portuguesa comparou a Lula co Mahatma Gandhi e Martin Luther King, segundo di, "líderes que conseguiron facer transformacións clave de modo non violento".
O acceso á escola a debate no Fórum Mundial da Educación Universalizar o acceso a unha escola pública e de calidade é a proposta central deste foro.
A Creación oficial do 'Fame Cero', o 30 de xaneiro A primeira experiencia piloto do proxecto de loita contra a fame do goberno Lula desenvolveráse no concello de Guaribas dende comezos de febreiro.
Sociólogo portugués abre o Fórum Mundial de xuíces Boaventura de Sousa propón o uso dos beneficios provintes da globalización, como a difusión da información, para auxiliar o poder xudicial nos diversos países do mundo.
Brasil crea a secretaría de Economía Solidaria Paul Singer, un dos fundadores do Partido dos Trabalhadores, estará á fronte deste proxecto do goberno brasileiro para a reducción do desemprego.
Suíza estrema as medidas de seguridade Centos de policías e soldados para protexer a elite financieira e política mundial das iras antiglobalizadoras.
Davos, xuntanza de poderosos Nas mesmas datas que o Fórum Social, os que moven as pezas do mundo xúntanse en Davos.
Porto Alegre: unha nova versión da esperanza ‘A construcción doutro mundo é posible: contra o militarismo e a guerra’. Este é o lema que estará á fronte dos milleiros de persoas que participarán na marcha de apertura da terceira edición do Fóru
|
|
|
 |
 |
 |
 |
| WEBS RELACIONADAS |
 |
|
|
 |
| PARA NON PERDER NADA |
 |
|
|
 |
| ARTIGOS |
 |
|
|
 |
| FORO |
 |
|
|
|
 |