Especial
Hai que cambiar o mundo


 FORO
Aló vai un ano despois do 11-S. ¿Como ves a situación? ¿Cara a onde imos? Deixa a túa opinión.
Hai un ano as imaxes de dous avións esnafrándose contra o símbolo da hexemonía económica estadounidense, o World Trade Center, abraiaron ao mundo enteiro. Aqueles feitos pechaban unha etapa, a posguerra fría, e metíannos de cheo nun novo período histórico por escribir.

Pasou un ano e tivemos oportunidade de ver ao xigante americano xurando e cumprindo vinganza. Coa loita contra o terrorismo como pretexto, os Estados Unidos e os seus aliados occidentais ocupáronse de rematar de destruír Afganistán. Na procura de Ben Laden, o suposto e nunca demostrado responsable dos ataques, houbo máis mortos afganos que víctimas do 11-S.

Agora, co gallo deste primeiro aniversario, queremos lembrar aqueles feitos e buscar as claves para o que nos vén enriba... A loita contra o "eixo do mal" parece que agora nos levará ata Iraq da man dun Bush que non ten en conta nin sequera á ONU.


Informacións:

Bush deu a orde: comezou a guerra
Ás 3h35 do xoves 20 de marzo ducias de mísiles Tomahawk eran disparados dende catro barcos e dous submariños dos EEUU, apoiados polo ataque simultáneo de varios avións.

O que manda, manda!
Algo falla na democracia contemporánea cando os líderes políticos toman decisións contra a inmensa maioría de cidadáns ós que serven.

Os estudiantes convocan unha folga contra a guerra
A Plataforma da Mocidade Galega pola Paz convocou unha folga xeral no ensino para o xoves 20 de marzo.

Chao: 'A política de Aznar é indecente e servil'
Ramón Chao conversou cos internautas no Chat de Vieiros sobre a situación internacional, o papel dos medios de comunicación e sobre os seus proxectos persoais.

A xeografía política do conflicto
Sylvia Gómez Saborido, analista do IGADI, explícanos polo miúdo os intereses xeoestratéxicos do conflicto.

O exército USA agarda a orde de Bush para atacar
Un milleiro de avións agardan a a autorización do presidente dos EEUU para comezar o bombardeo sobre Iraq.

¿Quen é o que está illado internacionalmente?
Na galería de disparates e eufemismos belixerantes varios destes días, os EEUU falaron do “illamento de Francia” na súa postura contra a guerra no Consello de Seguridade.

Os tribunais agardan por Aznar e Blair
No caso de Aznar, os expertos aseguran que se envía tropas á guerra, unha denuncia poderíao facer responder fronte ao Tribunal Penal Internacional.

A rede pide a Paz
Guieiro dos espacios pacifistas que estes días agroman pola rede.

O prazo remata este luns
“É o momento da verdade para o mundo”. Así subliñaba Bush a enésima chamada a apoiar a guerra.

Blair e Bush cavilan non presentar nova resolución
Os EEUU admitiron xa que poderían non someter a proposta de segunda resolución a votación á vista da oposición atopada.

As escolas galegas falan: ‘Non á guerra’
Foi unha actividade simbólica, pero moi significativa. Feito o reconto final de votos no referendo que convocaba o colectivo Area Negra nos centros de ensino de todo o país, o ‘Non’ ás bombas resultou maioritario.

Os indecisos aceptan o plan Blair
A nova proposta Blair de seis condicións para Sadam, malia que non amplía o prazo si parece ter decantado o voto de varios países indecisos.

EEUU: non hai máis prazo na ONU
A posible flexibilidade do prazo a Iraq que apuntaban membros da administración USA foi descartada por Bush.

Powell recoñece a falsidade de probas presentadas
O presidente español reafirmábase na noite do luns e fronte ás cámaras de Telecinco no seu apoio ao ataque a Iraq aínda que sexa sen a autorización da ONU.

Advertencia seria a Francia e fendas no goberno Blair
“Tería consecuencias graves sobre as relacións bilaterais”. Colin Powell tivo as palabras máis belixerantes cara Francia dende o comezo da crise.

¿Unha semana para a guerra?
“Chegou o momento para que a xente poña as cartas enriba da mesa e lle amose ao mundo onde están con respecto a Sadam”. Bush renuncia unha vez máis ao apoio da ONU e anuncia a guerra.

A ONU non apoiará a guerra
A firme vontade anunciada por Francia de vetar unha nova resolución sobre Iraq impedirá a beizón das Nacións Unidas ao ataque.

Proposta PP, máis tempo non: guerra
Os 183 deputados do Partido Popular non racharon a liña marcada dende os USA.

Iraq: evitando excusas
O goberno de Sadam Hussein destruiu durante a fin de semana dez mísiles Al Samud II e agora vén de declarar novas existencias de armas químicas e biolóxicas. Coñécese tamén da espionaxe USA a membros da ONU

Sharon: ¿Quen dixo paz?
Vén de xurar cargos en Israel o novo Goberno Sharon cunha primeira declaración de intencións: a paz non será prioridade.

Laboristas de costas a Blair
Máis dun cento de laboristas votaron en contra da belixerante estratexia do seu líder.

O PPdeG racha o acordo contra a guerra
Un parágrafo onde se pedía que o Consello de Seguridade traballase por unha resolución que garantise a saída pacífica á crise iraquí motivou a negativa do PP a apoiar unha declaración conxunta.

Sadam: 'Se queren estou listo para falar con Bush'
“Aguantar, cumprir coa resolución e aplicala segundo os desexos das Nacións Unidas”. Así falou o presidente iraquí para as cámaras da CBS.

EEUU advirte: ‘a ONU xógase o futuro’
Defraudar á opinión pública mundial, maioritaria e abrumadoramente oposta á guerra ou decepcionar aos EEUU e afrontar a ameaza de Bush ao futuro do organismo internacional.

Á primeira escusa, guerra
Se a ONU non aproba unha nova resolución “convincente”, EEUU irá á guerra contra Iraq. Ademais, dende agora calquera dictame negativo dos inspectores significará o lanzamento da ataque.

Marzo será o mes da guerra
“Listos para que Bush dea a orde”. Donald Rumsfeld avisou que a máquina USA para a guerra está lista para que o xefe aprete no botón das bombas.

A guerra: conta atrás de tres semanas
Esa sería a proposta do goberno británico aos EEUU: darlle tres semanas máis á diplomacia antes de pedir luz verde para o ataque.

O Goberno illado no apoio á guerra
As reivindicacións nas rúas tiveron voz este martes no Congreso, onde todos os voceiros da oposición lle pediron a Aznar que dea volta atrás na súa posición favorable ao ataque a Iraq.

Euro acordo : ‘’A guerra non é inevitable’’
A forza militar usaríase "só coma último recurso”. O texto consensuado no cumio da UE sobre Iraq é claro neste punto, ao tempo que lanza unha dura ameaza contra o goberno iraquí apremiándoo a cumprir con toda

A OTAN acorda ‘defender’ Turquía
A OTAN, aínda que sen o apoio de Francia, acadou acordo para unha ‘defensa preventiva’ de Turquía no caso de guerra en Iraq, no que a presión belga introduciu finalmente unha referencia ás Nacións Unidas.

Advertencia Bush á ONU
O presidente USA vén de declarar que se non concorda coas intencións bélicas da súa administración a ONU pode remar converténdose “nunha irrelevante sociedade de debates”.

Amizades perigosas: as relacións turco-americanas
Nas vésperas do ataque de EEUU a Irak, o goberno norteamericano apresurouse a asinar un convenio militar co novo goberno turco.

USA ameaza e confirma o ''connosco ou contra nós''
Colin Powell acusou a Francia e Alemaña de “liberar a Iraq do anzol” e tratar de “sacar do apuro” a Sadam Hussein.

Al Qaeda, a excusa non probada para o ataque
O presidente da Comisión Europea insiste en que non se esgotaron todos os instrumentos políticos para evitar a guerra e pide “unha base común para as accións diplomáticas a adoptar en Europa”.

O PP queda só no apoio á guerra
A moción apoiada pola oposición ao completo pedindo esgotar as vías diplomáticas para o desarme iraquí, foi rexeitada polos votos dos deputados do PP.

Sen a ONU e sen a OTAN: EEUU á guerra
“Unha actitude corta de vista”. Así se referiu o presidente Bush á alternativa franco alemana para evitar a guerra.

Propaganda a prol da guerra
‘Bioterror, a ameaza biolóxica’. Así é o título da reportaxe coa que TVE substitúe a serie programada para este martes en prime time. Comeza así a anunciada campaña a prol da guerra.

Plan franco alemán contra a guerra
Francia e Béxica comunicaron por escrito o seu veto aos preparativos da OTAN para o desenvolvemento dunha campaña militar á beira de Iraq.

Probada a primeira mentira contra Iraq
Oos servicios secretos británicos presentaron coma informe propio e referido á crise actual con Iraq o estudio dun universitario sobre o reame iraquí nos anos previos á guerra do Golfo.

¿Probas?
A prensa europea especula está mañá coa veracidade dos supostos camións, depósitos ou campos de adestramento que denuncian as probas presentadas por Powell.

Os EEUU queren unha canle en árabe ao seu servicio
Contámoslles da petición de financiamento que a administración Bush lle fai ao Congreso para a creación dunha rede de TV en árabe que estaría controlada polos EEUU.

Camilo Nogueira na euro delegación a Bagdad
Camilo Nogueira viaxou este domingo cara Bagdad, onde permanecerá deica o vindeiro día 6. acode a Iraq coma enviado do grupo Verdes-Ale, co obxectivo de subliñar no país o rexeitamento da euro camára á guerra.

Dúbidas sobre as probas que presentarán os EEUU
“Estariamos dispostos a usar armas nucleares en caso extremo de autodefensa”, vén de declarar o ministro de Defensa británico, ao tempo que se coñece a intensidade do ataque preparado polo Reino Unido e os EEUU.

EEUU: botamos as bombas, collemos o petróleo
Vimos de coñecer que lonxe de curtar as importacións de combustible iraquí coa aproximación da guerra, a crise venezolana provocou que se dobren.

Europa: os que van con Bush
Oito presidentes europeos asinan unha carta na que explicitan o seu total apoio á estratexia bélica dos EEUU.

Cidadáns a Iraq contra a guerra
“Como marine aprendín da política exterior do meu país, que é enfermiza e criminal”. Así se expresa un ex soldado USA, promotor agora de gruposde cidadáns contra a guerra.

Máis tempo para os inspectores pero...
A punto de que os inspectores presenten o primeiro informe sobre a súa labor en Iraq, no que previsiblemente solicitarán máis tempo para as inspeccións, a UE vén de acadar un mínimo acordo no mesmo sentido.

Prioridade do plan USA para iraq: o petróleo
Unha potencial producción de 1,5 millóns de barrís de petróleo ao día, coas maiores reservas mundiais logo de Arabia Saudí son, segundo moitos analistas, a clave do conflicto iraquí.

Antes da guerra, o pobo iraquí xa vive o desastre
Varios organismos solidarios veñen de subliñar que o pobo iraquí xa vive un desastre humanitario que pode recrudecerse ata gravísimos extremos coa guerra que lle vén enriba.

A ONU insiste, pero os EEUU aceleran o despregue
O motivo da demora do ataque non estaría nun hipotético respecto ás Nacións Unidas, senón nas dificultades do exército USA para o despregue militar completo antes de marzo.

Máis recurte de liberdades coa excusa terrorista
Beizón legal nos EEUU para a suspensión de garantías constitucionais para os cidadáns que sexan considerados “combatentes inimigos”.

Resinación e apoio europeo á guerra
Nos gobernos europeos prende a resinación á guerra, mesmo nos máis críticos á guerra, coma o de Schröder, ao que pronto lle tocará presidir o Consello de Seguridade da ONU.

Impaciencia de Bush, resinación na ONU
“Achégase a hora cero”, di Bush na súa enésima ameaza cara Iraq. “Bagdad está colaborando”, di pola contra o secretario xeral da ONU.

A ONU prepárase para a guerra
As Nacións Unidas desenvolven xa o dispositivo humanitario de emerxencia para a guerra en Iraq. Segundo ‘The Times’, mantense en secreto para que o goberno iraquí “non pense que as inspeccións de armamento son inútiles”...

Al Qaeda e EEUU, cada un ameaza ao seu xeito
"Iraq está libre de armas de destrucción masiva"º, así o declararon as autoridades iraquís ao tempo que entregaban o informe solicitado sobre o seu arsenal.

EEUU, dificultades para atopar a excusa
Se Bagdad anuncia que non ten armas de destrucción masiva, o goberno USA consideraráo un “acto de non cooperación”. O obxectivo parece estar inevitablemente en forzar a guerra.

‘Nós, o pobo árabe palestino’
Achegámoslles o manifesto feito público polo Comité de Solidariedade coa Causa Árabe coincindindo co Día Internacional de Solidariedade co pobo palestino.

Dobre atentado contra obxectivos israelís
Dous mísiles foron lanzadossobre o ceo de Kenia contra un Boeing 757 que facía o traxecto Mombasa - Tel Aviv con 270 pasaxeiros a bordo.

A OTAN monta unha ‘policía mundial’
Brincando por enriba da autoridade da ONU, a Alianza Atlántica vén de acordar a creación do que se chamará ‘Forza de Resposta Rápida’.

Os inspectores chegan a Iraq
"A guerra non é inevitable", declaracións esperanzadoras do xefe de inspectores antes de saír para Bagdad.

¿Irán os inspectores da ONU a investigar nos EEUU?
O Sunshine Project denuncia que USA incumpre os mesmos tratados internacionais sobre posesión de armas químicas que xustifica para lanzar o ataque contra Iraq.

Sadam decide
Malia que o Parlamento iraquí non deixa de ser un adorno sen capacidade lexislativa, xa se pronunciou publicamente e por unanimidade polo rexeitamento da resolución da ONU. Sadam Hussein ten agora a última palabra.

Manifestacións no país contra a guerra
Luns en Ferrol, martes na Coruña, xoves en Vigo e sábado 16 de novembro en Santiago...

Todo o poder para Bush
O partido republicano sae gañador das eleccións estadounidenses revalidando poder na Cámara de Representantes e quitándolle a maioría aos demócratas no Congreso.

Eleccións anticipadas en Israel
Sharon superou tres mocións de censura e conseguiu impoñer o duro xeneral Mofaz en Defensa, co apoio da extrema dereita. Malia iso as presións lévano a adiantar eleccións.

Maioría islámica no Parlamento turco
A longa tradición laica en Turquía podería verse afectada pola victoria por maioría absoluta do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento, de tendencia islamista moderada.

O 16 de novembro, macromani contra a guerra
Manifestación nacional convocada pola Coordinadora Galega pola Paz, en Santiago.

¿Quen inspecciona a USA?
EEUU investiga novas armas químicas, incumprindo os mesmos tratados internacionais que Bush emprega para xustificar a guerra con Iraq.

Bush, a volta da doctrina Reagan
EEUU investirá este ano un 11% máis no eido militar. O maior gasto en maquinaria de guerra dende os tempos de Ronald Reagan.

EEUU di que se hai desarme seguirá Sadam
Nun cambio de estratexia, Colin Powell asegurou que non buscan mudar o rexime iraquí, senón desarmalo. Mentres, Corea acepta negociar se o exclúen do ‘eixo do mal’.

Concesión USA á ONU
A belixerancia do Goberno dos Estados Unidos cara Iraq afrouxa un chisco, pero Colin Powell, subliñou que se reservan o “dereito á forza” para actuar á marxe da ONU.

EEUU tiña sospeitas do atentado en Indonesia
Un día antes do atentado que matou en Bali a case 200 persoas, o embaixador estadounidense advertíalle ao Goberno da posibilidade dun atentado.

O secreto nuclear de Corea do Norte
Corea do Norte recoñeceu o desenvolvemento dun programa nuclear malia terse comprometido con Estados Unidos a frear as súas aspiracións atómicas.

Carter di que Bush desanda camiño feito pola paz
Coa amplificación que o recente concedido Nobel da Paz fai das súas palabras, o ex presidente USA Jimmy Carter insistiu nas súas críticas á administración Bush.

As bombas na man de Bush
Por se quedaban dúbidas, Congreso e Senado dos EEUU déronlle xa carta branca definitiva ao presidente Bush para lanzar un ataque sobre Iraq.

Paquistán, eleccións controladas polos militares
A polvoreira paquistaní é demasiado importante como para que os focos da actualidade non reparen nas súas recentes eleccións.

Carta branca de Iraq aos inspectores
Iraq acepta que volvan os inspectores, interroguen e fagan as actividades que queiran: carta branca. Así o recoñece Hans Blix, xefe de inspectores. Pero non parece que iso vaia alonxar as posibilidades da guerra.

O pobo USA pide menos guerra e máis solucións económicas
“A axenda hai uns meses falaba de corrupción ou crise económica, agora fala de Iraq todo o tempo”. Así se pronuncia no New York Times un analista crítico coas intencións de Bush.

Mani contra a guerra en LA (crónica dunha galega)
María Tubío, unha mestra galega nos Angeles (California), cóntanos como viviu unha manifestación contra a intervención militar en Iraq convocadea polo movemento 'Not In Our Name'.

Bush fai campaña pola guerra
Ningunha novidade nin probas concretas. A Casa Branca recoñece que o inminente discurso en horario de máxima audiencia de Bush non ofrece nada novo.

A esperanza muda en 'cabos soltos'
O xefe de inspectores de armas da ONU, Hans Blix, acadou recentemente en Viena o compromiso do goberno iraquí para a volta ás inspeccións. Pero...

Espremer a diplomacia antes do ataque
Esa é a condición que a minoría demócrata no Congreso dos EEUU lle arrincou a Bush para darlle o apoio a un ataque sobre Iraq.

EEUU rexeita as negociacións da ONU
O Goberno Bush xa rexeitou o acordo asinado pola ONU con Iraq para a volta dos inspectores.

Diplomacia para frear as bombas
Este martes rematan as negociacións da ONU co goberno de Saddam Hussein para a volta dos inspectores de armas a Iraq.

'Salam Aleikum', por Manolo Dios
Un artigo de Manolo Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, sobre a posible guerra aliada en Iraq...

Iraq: a propaganda da guerra
O Canal Mundo de Vieiros analiza a propaganda americana a prol da intervención en Iraq...

Manifestacións contra a guerra en toda Europa
Esta fin de semana sucédense as manifestacións contra a guerra en Iraq por diferentes cidades europeas.

Bush non permite a ameaza do "peor líder do mundo"
George W. Bush empregaba estes termos para definir a Sadam Husein, en declaracións dirixidas a Nacións Unidas, nas que acusou ao iraquí de colaborar coa Al-Qaeda.

Menos Mal para o Imperio
Non ten fortuna Bush no seu empeño por desmelenar todo o seu aparello bélico contra os integrantes do Imperio do Mal... Unha análise do Canal Mundo de Vieiros...

Blair difunde un informe sobre os plans de Iraq
O goberno británico fixo público un dossier no que relata os supostos proxectos nucleares de Iraq.

Artistas e intelectuais americanos contra a guerra
Máis de 4.000 artistas, intelectuais, académicos e líderes relixiosos estadounidenses publicaron un manifesto en contra da política bélica e de represión do goberno de George Bush a partir do 11-S.

Os inspectores chegarán a Bagdad o 15 de outubro
Xa hai data para o regreso dos inspectores da ONU. Ata entón, calcularán as prioridades, identificarán os lugares onde puidese haber armas de destrucción masiva e prepararán a investigación.

Bush ten présa e tenta convencer o Congreso
George Bush intensificou nas últimas horas as negociacións co Congreso para que aprobe unha resolución que autorice o ataque contra Iraq sen necesidade do consentimento da ONU.

O BNG pide a anulación do embargo a Iraq
O BNG vai pedirlle ao Goberno no Congreso que non lle preste apoio "nin político nin militar" a un ataque dos Estados Unidos contra Iraq.

Iraq autoriza o retorno dos inspectores da ONU
O goberno iraquí acepta o regreso da inspección das Nacións Unidas sen condicións previas, coa fin de eliminar dúbidas sobre a suposta posesión de armas de destrucción masiva.

EEUU busca aliados ofrecendo petróleo iraquí
No intento de conseguir respaldo para a guerra contra Iraq, os EEUU lanzan unha nova oferta a quen os apoie militarmente: petróleo.

Bush dá o ultimatum, Iraq nega as acusacións
Na Asemblea Xeral da ONU, George W. Bush anunciou que prefire o apoio da comunidade internacional para atacar Iraq mais non o considera imprescindible.

Bush, a polo apoio da ONU contra Iraq
Os Estados Unidos van á procura do apoio da ONU para atacar Iraq na 57ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas que se celebra o mércores 11.

Mandela pon as cousas claras: queren o petróleo
Nelson Mandela, un dos máis respectados políticos do mundo, vén de dicir o que medio mundo pensa: que Estados Unidos quere atacar Iraq por mor do petróleo.

Os efectos do 11-S na política galega
Francisco Rodríguez, do BNG, e Ismael Rego, do PSdeG, analizan para Vieiros como influíu o 11-S na política galega...

A UE reafirma o seu compromiso contra o terrorismo
A Comisión Europea fixo público un comunicado no que se compromete na loita contra o terrorismo e coa seguridade dos cidadáns europeos.

A cuestión curda, vital en Iraq
Os dous principais partidos curdos en Iraq veñen de reconciliarse. Poderían chegar a cumprir a función da 'Alianza do Norte' en Iraq. Explicámosvos por que...

Ben Laden reivindica os atentados do 11-S
Ben Laden reivindica os atentados do 11-S Al Jazirah difundía o luns 9 unha fita de audio na que Ben Laden se atribuía -por primeira vez- a responsabilidade dos ataques suicidas do 11 de setembro e facía un eloxio á valent&iac

Seica Iraq pode fabricar armas nucleares
Un organismo británico vén de facer público un informe que -supostamente- demostra que Iraq podería producir en poucos meses armas nucleares se é quen de conseguir material radioactivo.

Actividades alternativas en NY
Á parte dos eventos oficiais cos que se vai conmemorar os atentados do 11-S, a cidade de Nova York acolle unha morea de actividades adicionais que se apartan da liña oficial na súa valoración do desastre...

Curso da UIMP sobre o mundo musulmán
Pontevedra acolle do 9 ao 11 de setembro un curso titulado "O mundo musulmán dende o 11 de setembro. Cambios e perspectivas".

Bush busca xustificacións para atacar Iraq
EEUU está disposto a lanzar en solitario un ataque militar contra Irak. Os obxectivos e os motivos, en palabras de Colin Powell, son dous: lograr o desarme de Irak e propiciar un cambio de réxime co derrocamento de Saddam Hussein.

RSF: A liberdade dixital, golpeada
Reporteiros Sen Fronteiras advirte sobre os efectos da "cruzada antiterrorista" na Internet e avalía as actuacións dos diferentes gobernos e cualifica a situación como "inquedante".


 WEBS RELACIONADAS
- A Casa Branca: América responde ao terrorismo
- Arquivo dixital do 11-S
- IGADI
- Nacións Unidas
- OTAN
- Un ano despois: especiais na BBC, no New York times e na revista Time.
- Especial 11-S en Vieiros
- Visións alternativas: James Petras, Noam Chomsky.

 A ÁNALISE
 DOS EXPERTOS
- ¿Vencer o terror ou dominar o mundo?, por Xulio Ríos
- O mundo árabe un ano despois, por Marta Cabrera
- Europa e o 11-S: Unha visión incómoda, por Gaby Hagmüller
- Estados Unidos e Rusia tra-lo 11 de setembro, por Andrés Freire
- Un ano de política exterior norteamericana, por Carlos Méixome

 TESTEMUÑAS, OPINIÓNS
- Tomás Lijó, xornalista galego, estaba en NY aquel día.
- Bruno e Eva, lúa de mel en NY o 11-S.
- Unha entrevista con Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario galego-palestino, fálanos do mundo despois do 11-S.


Ver anterior especial "hai que cambiar o mundo"

Vieiros