Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: recesion

24/Xuño/2010 /

Fochanca no PIB cara ao último treito do ano

A Fundación das Caixas de Aforros agoira que a economía estatal volverá a números negativos no segundo semestre, malia prognosticar recuperación para 2011.


25/Maio/2010 /

A Xunta calcula que o recorte de gasto público empeora as previsións económicas

A conselleira de Facenda prevé que Galiza rematará o ano cunha recesión no PIB do 0,2%


O Senado dos EUA aproba un extenso proxecto de reforma financeira
21/Maio/2010 /

O Senado dos EUA aproba un extenso proxecto de reforma financeira

Aumenta significativamente os controis sobre Wall Street e supón a primeira gran mudanza do sector desde a década de 1930.


19/Maio/2010 /

Galiza sae da recesión

Ao finalizar marzo, a economía rexistrou un crecemento intertrimestral do 0,2%. Porén, en termos interanuais o Produto Interior Bruto caeu un 1,7%.


A economía española sae da recesión ao medrar un 0,1%
7/Maio/2010 /

A economía española sae da recesión ao medrar un 0,1%

É o primeiro dato favorábel logo de seis trimestres con decrecemento.


17/Febreiro/2010 /

A economía contraeuse dúas décimas no cuarto trimestre de 2009

En decembro, a taxa interanual do PIB amosaba un descenso de 3,1 puntos, mentres que a recesión anual foi do tres por cento.


1/Outubro/2009 /

FMI: a recesión mundial rematou, agás no Estado Español

Segundo os seus cálculos, para o 2010 a economía do mundo medrará o 3,1%, seis décimas máis que no seu anterior vaticinio.


22/Setembro/2009 /

Cae o número de estranxeiros que traballan en Galiza

O colectivo de traballadores inmigrantes revélase como un dos máis afectados pola situación económica de recesión.


14/Agosto/2009 /

Cun ritmo de caída contido, a economía estatal non repunta

O PIB caeu o 1% no segundo trimestre e sitúa a súa variación interanual no -4,1%, unhas cifras que confirman unha moderación no descenso da actividade produtiva.


13/Agosto/2009 /

Alemaña e Francia saen da poza da recesión

Logo de acumularen un longo período de caída, o PIB do motor económico europeo alemán e mais o francés, chimpan cara a arriba un 0,3%.


7/Agosto/2009 /

Agoiro de recesión inminente

O Centro de Investigación Económica dependente de Caixa Galicia advirte da "alta probabilidade" de que a economía do país entre en recesión no segundo semestre.


22/Xuño/2009 /

O Banco Mundial prognostica un empeoramento do escenario de recesión

Revisa á baixa as súas previsións de crecemento da economía mundial neste 2009 e augura unha contracción do 2,9%.


8/Abril/2009 /

A recesión afecta xa a 14 países europeos

Das grandes economías, só Francia esquiva esta importante contracción da economía.


16/Febreiro/2009 /

Chegou a fin da expansión xaponesa

A segunda economía mundial está a rexistrar o seu maior retroceso dende 1974 logo de que o seu PIB caese un 12,7% entre outubro e decembro.


28/Xaneiro/2009 /

Prognóstico do FMI: dous anos de recesión, polo menos

Revisa as expectativas á baixa e prevé que o Produto Interior Bruto do Estado Español se contraia un 1,7% en 2009 e un 0,1% en 2010.


Bush e Clinton están na lista
26/Xaneiro/2009 /

Os 25 culpábeis da crise económica

O xornal inglés 'The Guardian' ponlles nomes e apelidos os responsábeis, por activa ou por pasiva, da actual situación.


24/Xaneiro/2009 /

O Reino Unido, tamén en recesión

A economía británica sofre unha contracción do 1,5% no último trimestre de 2008.


19/Xaneiro/2009 /

O tirón de orellas da Unión Europea trae unha bafarada de pesimismo a Galiza

As constantes previsións económicas negativas presaxian uns meses moi difíciles nos que se porá en cuestión o suposto plus de resistencia galega á crise.


19/Xaneiro/2009 /

Agoiro da UE para a economía estatal: contracción do 2% e paro no 18,7%

En materia de emprego, a Comisión Europea fixa para o Estado Español o prognóstico máis pesimista da UE. Mentres, a Xunta adía a corrección das previsións até a volta das eleccións.


Líderes dos BRICs, en 2008
13/Xaneiro/2009 /

A economía brasileira, a que mellor aguanta a crise mundial

A OCDE presenta datos sobre os seus 30 estados membros e os BRICs (Brasil, Rusia, India e China).