Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo de 18 anos

O Reino Unido, tamén en recesión

A economía británica sofre unha contracción do 1,5% no último trimestre de 2008.

Redacción - 09:30 24/01/2009
O coñecemento dos datos económicos provocou unha rápida depreciación da libra

O coñecemento dos datos económicos provocou unha rápida depreciación da libra

Xa é oficial. A economía británica súmase ao club europeo das que xa están en recesión, como Alemaña, Austria , Bélxica, España, Francia, Grecia, Italia, Portugal... O estandarte inglés, que capeaba o temporal mantendo unhas cifras envexábeis, confirmou as peores previsións. A Oficina Nacional de Estatística (ONS) revelou este venres que no último trimestre de 2008 se produciu unha caída do 1,5% con respecto aos meses anteriores, logo do recorte experimentado entón do 0,6%.

Esta caída é superior á calculada polos expertos, polo que agora reformaron as súas previsións e prognostican unha contracción de entre o 2% e o 3%, o que suporía o peor descenso dende a Segunda Guerra Mundial. A difusión destes datos provocou unha reacción en cadea que levou á libra á maior depreciación fronte ao dólar en 24 anos, cunha equivalencia de 1,36 dólares.


Ligazóns

3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: