Por outro lado, os promotores consideraron "axeitada" a fusión de ambiente e infraestruturas, e piden a ordenación do litoral para ter chan onde construír.
Fontenla, da CEG, di que a franxa de 500 metros "non protexe nada" e pide revisar as Normas do Hábitat. Os construtores defenden a edificación de vivendas turísticas para saír da crise.
As empresas promotoras precisan liquidez e apelan ao feito de seren un sector que xera unha gran cantidade de emprego, tanto directo como indirecto.
Son iniciativas destacadas na norma debatida no Parlamento, que ademais de abrir portas a expropiacións de "causa social" outorga rango de lei ao fomento de aluguer e rehabilitación.
O estímulo á contratación de obra pública ou a creación do chamado Observatorio da Construción, entre os temas debatidos na xuntanza dos construtores cos conselleiros de Economía, Vivenda, Traballo e Política Territorial.