PSdeG e BNG cualifican o proxecto presentado por Educación de "xenérico", e cuestionaron o orzamento previsto para o seu desenvolvemento.
O BNG acusa o Goberno de frear a lei de bibliotecas malia deixar o bipartito arranxado o proxecto e de meter dun caixón o Plan de Fomento do Libro.
A campaña 'A cidade que le' ten un dos seus actos destacados coa quedada este venres no Obelisco para ler en voz alta durante dous minutos.
A Consellaría de Cultura promove a elaboración dun mosaico do poema Negra Sombra, de Rosalía de Castro, usando milleiros de exemplares en varias cidades do país.
A iniciativa ten lugar nun acto público nun teatro de Reiquiavik e pódese seguir ao vivo a través da rede.
O colectivo Espazo Lectura organiza en Gondomar unha xornadas para axudar a nais e pais a fomentar o hábito lector dos fillos.
Velaí un dos títulos que podemos atopar na biblioteca dixital que puxo a andar o goberno luso. Un feixe de libros de prestixiosos autores para cativos.
O 95% ve a televisión habitualmente, o 51% escoita a radio varias veces por semana e o 54% le o xornal cando menos un día de cada sete.
Destinarase máis dun millón de euros en achegar as letras aos sectores e espazos menos sensibilizados, levando os libros á rúa, ás praias ou aos centros de saúde.
Son xa 45 os centros de saúde de todo o país nos que a Consellaría de Cultura reparte libros na súa campaña 'Lendo espero'
A iniciativa Semanas do libro e a lectura levara por todo o país exposicións, obradoiros e contacontos, que permanecerá unha sete días en cada vila.
O concurso organizado polas bibliotecas públicas do Concello da Coruña inicia a súa fase de votación, na que escollerán a mellor imaxe relacionada coa lectura.
Galiza baixa a súa media lectora con respecto ao pasado ano, cando superaba a cinco comunidades autónomas.
A metade das 10 novelas máis vendidas este ano en Xapón foron escritas en teléfonos móbeis. Vendéronse uns 400.000 exemplares por termo medio
No val de Momboy, en Trujillo, está a medrar o uso deste animais para achegar a lectura aos poboadores das montañas, especialmente aos cativos, e agora tamén o uso de computadoras.
Ninguén crería que a mediados do século XIX A Fonsagrada e Lalín foron os dous lugares máis cultos de toda Galicia. Cando menos, ninguén que non tivese diante as completas táboas e análises que traza Narciso de Gabriel en Ler e escribir en Galicia. As taxas de alfabetización, a distribución xeográfica dos letrados, os ritmos peculiares da incorporación da muller á lectura e á escritura ou o impacto da emigración son algunhas das chaves que vai debullando De Gabriel na súa obra (Universidade da Coruña, 2006), e que agora repasa nesta entrevista. Unha entrevista de
A campaña de promoción da lectura da Consellería de Cultura reparte entre os usuarios dos ferrocarrís 40.000 exemplares durante catro semanas.
Inclúe o investimento de até 50 millóns de euros entre 2007 e 2011 para o fomento da lectura.
A edición no país situouse no sexto posto a nivel do Estado, segundo datos do instituto estatal de Estatística.
O índice medio de persoas que rillaron nun libro no treito 2004-2006 chega en Galiza ao 51% da poboación, porcentaxe só por riba de Estremadura.