Velaí un dos títulos que podemos atopar na biblioteca dixital que puxo a andar o goberno luso. Un feixe de libros de prestixiosos autores para cativos.
Mellorar competencias de lectura e escrita, partillar competencias e saberes e participar en iniciativas diversas do ámbito literario son obxectivos desta versión beta da Biblioteca de Livros Digitais que bota a andar na rede.
O espazo conta cunha aplicación que facilita a lectura de balde e en liña dunha escolma de libros que vai aumentando aos poucos e que inclúe por exemplo volumes da escritora Alice Vieira, unha das máis prestixiosas autoras no ámbito da literatura infantil e xuvenil portuguesa.
A biblioteca forma parte da rede fornecida polo Plan Nacional de Leitura do goberno portugués, e está incluída noutra web que lles recomendamos consultar, a do Clube de Leituras.