Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: jesus-gomar

Triatlón
14/Maio/2009 /

Achégase a gran cita do triatlón galego con Gómez Noya forte como un buxo

Ademais do ferrolán participará unha selección galega composta por seis mozas e mozos á beira dos mellores do panorama internacional.


Saleta Castro e Jesús Gomar
27/Abril/2009 /

Saleta Castro e Jesús Gomar dominan o estatal sub-23

Os dous deportistas do Cidade de Lugo gañaron na casa e levaron cadanseu trunfo nunha carreira disputada en Vigo.


Óscar Vicente
30/Setembro/2008 /

O pontevedrés Óscar Vicente consegue dúas medallas no Mundial Júnior de Duatlón

Gañou o bronce a nivel individual e o ouro por equipos, demostrando estar na elite deste deporte a nivel internacional.


7/Xullo/2008 /

Hidalgo queda 13ª en Hamburgo, e Melina Alonso e Diego Paz gañan en Cuenca

Tamén houbo medallas (oito, tres delas de ouro) para a selección galega no Campionato Estatal de Duatlón. Mentres, Gómez Noya gañaba unha carreira popular.


20/Maio/2008 /

Tres atletas do Cidade de Lugo ao Europeo de duatlón

Son Aida Valiño, Jesús Gomar, Óscar Vicente, mais tamén o técnico Omar González, que comandará a selección estatal en Grecia, no campionato continental.


28/Abril/2008 /

Aida Valiño gaña o circuíto galego de duatlón

Co de Lalín terminou a tempada que deixou á luguesa en primeiro lugar, seguida de Margarita Pérez Bardanca. En mozos gañou Borja Conde, seguido de Jesús Gomar.


19/Abril/2008 /

Pegadiños ao triatlón, día grande en Pontevedra

Vieiros faise, en parte, dende a cidade do Lérez, onde se desenvolve a proba do campionato europeo, apoiando a selección galega. Minuto a minuto, toda a información sobre a Copa de Europa dende Pontevedra.


16/Abril/2008 /

Cinco mozos e cinco mozas forman a selección galega de triatlón

A Federación Europea tamén amosou o seu apoio á proba da Copa de Europa que se ha desenvolver este sábado en Pontevedra.


3/Xullo/2007 /

Os novos campións estatais adestran en Lugo

Na casa gañaron Jesús Gomar e Saleta Castro o Campionato Estatal de Biatlón na categoría xúnior. Ámbolos dous corren no clube lugués Fefeme Triatlón do Miño.