Na casa gañaron Jesús Gomar e Saleta Castro o Campionato Estatal de Biatlón na categoría xúnior. Ámbolos dous corren no clube lugués Fefeme Triatlón do Miño.
Os dous membros do equipo galego foron os protagonistas absolutos da terceira edición do Campionato Estatal de Biatlón, que se celebrou o domingo na vila mariñá de Viveiro. Nel participaban arredor de cen deportistas de toda Galiza, Asturias, Cantabria e Cataluña.
A Gomar, de orixe valenciá, levoulle 12 minutos e 50 segundos correr os 3 quilómetros de carrera a pé e logo nadar os 200 metros programados, poñéndose por diante do catalán Isaac López e do tamén valencián e do mesmo equipo, Francisco Javier Oficial. Adrián Vázquez, no cuarto posto, foi o galego mellor clasificado na xeral.
Á pontevedresa Saleta Castro fixéronlle falta 15 minutos e 30 segundos facer o mesmo percorrido, chegando só dous segundo por diante da cántabra Silvia García e da catalana Mireia Bossy.