O edil aproveitou un acto en Bilbao ao que acudía Felipe de Borbón e Letizia Ortiz para berrar consignas contra a monarquía.
Asegura que o mallaron varios policías e que mesmo lle golpearon a cabeza contra un coche.
O home está acusado de desobediencia e atentado contra a autoridade e será xulgado o vindeiro xoves.
Fontes policiais sosteñen que o detido sufriu as graves lesións ao resistirse cando foi arrestado.