Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
TEN FERIDAS PULMONARES

Ingresa na UCI do Hospital de Donostia un presunto membro de ETA detido o domingo

Segundos o primeiros informes hospitalarios, as graves lesións de Igor Portu poden ser debidas a "golpes con puños e patadas".

Redacción - 12:10 07/01/2008

Igor Portu Juanena, detido este domingo en Arrasate pola Garda Civil, está ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital de Donostia. O presunto membro de ETA atópase moi grave debido a unhas lesións nas costelas que lle produciron unha insufiencia pulmonar.

Aínda que polo momento non hai ningún tipo de declaración oficial, a edición dixital do xornal Gara asegura que o mozo ten dúas costelas rotas e hematomas por todo o corpo. Segundo este medio, o informe hospitalario sinala que “o paciente refire golpes con puños e patadas na cara, tórax, abdome e extremidades inferiores”. Mentres, fontes policiais citadas por El País, aseguran que o detido "lesionouse ao entrar no vehículo".

Poden ampliar información tamén no diario Deia.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: