O Xulgado de Garda de Donostia decidiu abrir este mesmo luns unha investigación para determinar se Igor Portu puido sufrir torturas en dependencias da Garda Civil. O presunto membro de ETA, detido este domingo en Arrasate, está na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital de Donostia. Un primeiro informe médico asegura que o detido sufriu graves lesións nas costelas que lle afectaron aos pulmóns e ademais ten policontusións en diferentes partes do corpo.
Organizacións políticas como Eusko Alkartasuna e Aralar xa solicitaron que se investigue a fondo o sucedido xa que temen que se estea diante dun caso de torturas policiais. Pola súa parte, fontes da Garda Civil sosteñen que o mozo sufriu as lesións durante un forcexeo ao ser arrestado.
Anterior: Ingresa na UCI do Hospital de Donostia un presunto membro de ETA detido o domingo