Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE PERMANECER VARIAS HORAS DETIDO

En liberdade un concelleiro do Partido Socialista de Euskadi que lle chamou “chupóns” aos príncipes españois

O edil aproveitou un acto en Bilbao ao que acudía Felipe de Borbón e Letizia Ortiz para berrar consignas contra a monarquía.

Redacción - 12:18 26/05/2010

Luís Méndez Gallego, un veterano militante do Partido Socialista de Euskadi, quedou en liberdade despois de permanecer varias horas detido por terlle chamado "chupóns" aos príncipes españois. Os feitos tiveron lugar este martes pola tarde en Bilbao cando Felipe de Borbón e Letizia Ortiz participaban nunha entrega de premios.

Méndez Gallego, concelleiro socialista no municipio de Berriz, berrou consignas contra a comitiva real ("Abaixo a monarquía") e foi detido pola Ertzaintza por non obedecer aos axentes que lle pediron que estivese calado.

Segundo o diario Deia, Méndez gallego, colaborador en diversos medios de comunciación vascos, “é un coñecido militante socialista á antiga usanza e con moi arraigados sentimentos republicanos”. O edil tamén lidera unha asociación de traballadores autónomos en Euskadi.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: