En xullo de 2009, enfrontamentos entre os uigures -musulmáns aborixes- e os han -colonos chineses- provocaron 197 mortos e máis de 1.700 feridos.
Turma de homes han con paus
Cando se cumpre un ano das revoltas étnicas en Xinjiang, o Goberno de China acaba de instalar 40 mil cámaras de alta definición para vixiar esta rexión occidental chinesa. Ademais de nas rúas, os dispositivos de videovixilancia -"a proba de revoltas"- están localizados en buses, escolas e centros comerciais, segundo informou un portavoz gobernamental e recollen axencias internacionais.
Na capital, Urumqi, onde se centraron os enfrontamentos, hai un total de 8.400 cámaras. Ademais, máis cinco mil efectivos foron desprazados á zona para asegurar que o luns, día do aniversario, non se repitan os enfrontamentos. O Goberno chinés considera que hai unha "seria ameaza de terrorismo" en Xinjiang.
En xullo de 2009, os choques entre uigures -musulmáns aborixes- e han -colonos chineses- provocaron 197 mortos e máis de 1.700 feridos. Os primeiros representan arredor do 30% da poboación total, por un 70% dos segundos.