Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MAR

O intrusismo profesional segue a comprometer o futuro das redeiras

O BNG insta ao goberno español a adoptar medidas para acabar coa actividade somerxida neste campo que en Galiza dá traballo legal a unhas 700 mulleres. Vídeo no interior.

Redacción - 12:50 02/07/2010

O intrusismo profesional segue a ser, aínda hoxe, un dos graves problemas das traballadoras que fan do enmalle de redes o seu oficio. Ademais doutras clásicas demandas, como as de infraestruturas, formación ou dereitos laborais que veñen reclamando dende hai anos, a proliferación de redeiras e redeiros que realizan a súa actividade fóra do mercado é aínda hoxe máis palpábel por mor da crise.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar nas que insta ao goberno español a adoptar as medidas precisas para rematar con este elevado intrusismo profesional que, di, “pon en risco ao sector profesionalizado xa que non pode competir en prezos por ter que facer fronte aos gastos da Seguridade Social e outros impostos”.

Inspeccións fiscais e de traballo
A nacionalista demandou unha actuación por parte do goberno español en materia de inspección laboral e fiscal, como único xeito de garantir unha actividade profesional debidamente regulada e con ingresos dignos. Davila subliñou que “foron as mulleres redeiras as que conseguiron coa súa loita e esforzo dignificar unha profesión que, ademais de formar parte da singularidade cultural dos pobos costeiros, é fundamental na actividade pesqueira. Unha dignificación do seu labor que supuxo o recoñecemento de dereitos como o acceso á Seguridade Social”.

Máis información en Vieiros:


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: