O militar de máis alto rango no exército alemán e o secretario de Estado no seu ministerio renunciaron ao seu cargo logo de publicar o 'Bild' un informe secreto.
Wolfgang Schneiderhan, o militar de máis alto rango no exército de Alemaña e o secretario de Estado no seu ministerio, Peter Wichert, renunciaron aos seus cargos logo das acusacións de encubrimento en relación a un ataque aéreo da OTAN, o pasado 4 de setembro en Afganistán, que provocou a matanza de 142 civís.
Segundo un informe do caso filtrado ao xornal alemán Bild, o ataque, que foi ordenado por un comandante alemán, tiña como obxectivo dous camións cisterna cargados de combustíbel que foran interceptados por guerrilleiros da resistencia en Kunduz. Porén, foron ducias de civís os que morreron.
O ministro de Defensa de Alemaña, Karl-Theodorzu Guttenberg, dixo ao Parlamento que o xeneral Schneiderman se abstivo de informar debidamente sobre o incidente e que ante tal situación pediu a súa baixa.
Máis información: