Viguesa de 28 anos, é membro de Enxeñaría Sen Fronteiras. Colabora dende hai catro anos en proxectos en Centroamérica e dende o verán pasado, en Honduras. Falamos con ela vía Skype.
Mireia, en Honduras co Skype
Mireia Carreras (Vigo, 1981) é cooperante da ONGD Enxeñaría Sen Fronteiras, coa que colabora dende hai varios anos en proxectoas en Centroamérica. O verán pasado chegou a Honduras, un país sumido nunha crise política e institucional da que non se ve polo momento unha saída clara.
Este luns estaba prevista unha nova xornada de protestas, logo de que o domingo o avión do presidente Manuel Zelaya non puidese aterrar en Tegucigalpa e o Exército reprimise con violencia a concentración de cidadáns que agardaban pola súa chegada.
Carreras, enxeñeira industrial que cursou os seus estudos na Universidade de Vigo, mantén un blog, actualizado coas últimas noticias do país.
Acontecementos desta última semana (40 segundos)