Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova enquisa

O 58% dos escoceses móstrase a favor dun referendo de autodeterminación

O apoio á independencia sería menor e variaría en función da formulación da pregunta.

Redacción - 12:30 03/07/2009
2010 é o ano do referendo

2010 é o ano do referendo

Segundo unha recente enquisa de opinión de BBC Scotland, a ampla maioría dos escoceses quere que se organice un referendo de independencia o ano que vén, tal e como ten previsto o Goberno do Scottish Nationalist Party (SNP).

No entanto, a sondaxe suxire que son máis os que se decantarían por seguir formando parte do Reino Unido, aínda que as porcentaxes varían considerabelmente dependendo de como se formule a pregunta.

Á cuestión "Nun referendo de independencia para Escocia, que votaría vostede?", o 38% dos consultados mostrouse a prol da secesión por un 54%, en contra.

Os 1.010 participantes tiveron que contestar noutra pregunta se "o Goberno escocés debería negociar un acordo co Goberno do Reino Unido para que Escocia se convertese nun estado independente" (a fórmula elixida polo Executivo de Alex Salmond). O resultado: o 42% dixo que 'si' e o 50% que 'non'.

O independentismo está a callar, di o SNP
Ademais, o 38% cre que Alba será un estado independente antes de 20 ano: o 10% considérao "moi probábel" e un 28% "probábel". Pola contra, o 34% respondeu que era "bastante improbábel", e o 24%, "moi improbábel".

Dende o SNP valoran positivamente o dato, xa que mellora o que se deu en abril de 2007, cando á hipotética pregunta oficial só o 36% dixo que votaría que 'si'. Consideran, neste senso, que a idea dunha Escocia independente está a callar na sociedade.


Ligazóns

5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: