Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A un mes da cita coas urnas

Cinco anos despois da maior ampliación, á procura doutra UE posíbel

Co Tratado de Lisboa no caixón e no medio da crise económica, a Unión Europea recorda o aniversario do punto de inflexión de 2004.

Redacción - 10:00 02/05/2009

Esta fin de semana cumpriuse un lustro do alargamento que en 2004 levou ao clube da Unión Europea un total de dez novos socios. Daquela, o primeiro de maio de hai cinco anos Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Chipre, Eslovenia, Eslovaquia, República Checa e Hungría pasaban a integrar a chamada Europa dos 25, unha mega-ampliación amplamente celebrada polas institucións europeas. En xaneiro de 2007 producíase a até o de agora última engádega: Romanía e Bulgaria completaban unha UE de 27 membros.

Á porta de Europa aparecen agora varios países. Croacia é un dos que máis lixeiros camiña cara á UE, malia que sofre do obstáculo da disputa de fronteiras con Eslovenia. Macedonia é vista de esguello pola veciña Grecia e Serbia non conta aínda co consenso de todos os socios actuais. Por atrás chegan tamén Albania e Bosnia. Por outro lado, mantense aberta unha longa e lenta negociación con Turquía no que é, con seguridade, o socio en potencia que máis conflito causa na UE actual. Mentres, o recente relevo de poder en Islandia trae tamén a primeiro plano o interese do goberno daquel país, profundamente afectado pola crise económica, por estudar a futura entrada na Unión Europea.

Sexa como for o proceso que vén por diante, o certo é que o desafío daquela ampliación de 2004 semella terse xestionado con éxito á luz destes cinco anos. Así o salientaba hai poucos días o Comisario Europeo de Ampliación, Olli Rehn, quen afirmou que que aquel alargamento "serviu como factor de estabilidade e democracia e garante de liberdades persoais e dinamismo económico en Europa".


Ao respecto, convidámolos a remexer no especial que por aquel maio de 2004 lles achegaba Vieiros:

 Cal é o futuro de Galiza na Europa dos 25?


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: