Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para demostrar que cumpriu a Lei de Incompatibilidades

Agustín Hernández encárgalle un informe a un avogado independente para probar a súa inocencia

O deputado do PPdeG entregarao "esta mesma semana". Porén, esta segunda feira foi acusado de asinar documentos do PP cando traballaba para a Deputación de Louzán.

Redacción - 09:00 13/04/2009
Na primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte

Na primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte

O deputado do PPdeG, Agustín hernández, halle encargar esta segunda feira un informe a un avogado independente para demostrar que non incumpriu a Lei da Incompatibilidades de 1996 cando era conselleiro de Fraga. Así mesmo, dixo que o vai entregar "esta mesma semana" á Consellería de Presidencia, que foi a que "en teoría, abriu a investigación".

Este departamento do Goberno abriulle un expediente a Hernández para estabelecer se foi legal que traballase, tras abandonar a cadeira de mando da Consellaría de Política Territorial en 2005, para unha empresa á que esta área lle tiña adxudicado varias obras na era Fraga. Segundo explicou o PPdeG nun comunicado, Hernández recorre a este avogado "co fin de responder a diversas información aparecidas nos medios de comunicación" e "amosar que cumpre a lei".

Unhas liñas abaixo, o comunicado dos populares volve reprocharlle ao Goberno que esta investigación aberta "aínda non lle foi notificada a Hernández", pese a que "coñecen perfectamente o seu domicilio". Nesta liña, critican que o bipartito "non saiba encaixar a derrota electoral" e queira "luxar" o traballo feito polo deputado popular, e pregúntanse porque o presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, non denunciou hai tres anos a situación de Agustín Hernández, "tendo en conta que coñecía a vinculación deste coa empresa Sercoysa".

Hernández asinou, traballando na Deputación de Pontevedra, informes para o PPdeG
Porén, o mesmo día que Hernández vai encargarlle a un avogado un informe que demostre que cumpriu a lei, o xornal El País, na súa edición galega, sinala que o deputado popular tamén "lle prestou servizos á formación conservadora" na pasada lexislatura.

Segundo este diario, en xaneiro de 2008 Hernández, quen acababa de abandonar os seus cargos nas construtoras Sercoysa e Puentes y Calzadas -polos que agora é investigado-, incorporouse como director de infraestruturas á Deputación de Pontevedra, e só tres semanas máis tarde asinaba, dende este cargo, un informe técnico para unha querela do PPdeG contra a Consellaría de Política Territorial, que dirixían os socialistas, referida á adxudicación da Autovía do Barbanza.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: