Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
antes de ser presidente

O PSdeG advírtelle a Feijoo que se non pide a dimisión de Hernández estará “baixo sospeita”

O presidente da xestora dos socialistas galegos, Ricardo Varela, dixo que o vindeiro presidente da Xunta non debe acudir ao debate de investidura da vindeira terza feira sen ter botado este deputado.

Redacción - 19:00 12/04/2009
Na primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte

Na primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte

O presidente da xestora do PSdeG, Ricardo Varela, advertiulle este domingo a Alberte Núñez Feijoo, futuro presidente da Xunta, que se non exixe a dimisión do deputado popular Agustín Hernández estará "baixo sospeita".

Así o manifestou nunha entrevista para unha cadea de radio, na que considerou que o "primeiro que debe facer" o futuro xefe do Goberno é pedirlle "ao anterior responsábel de Obras Públicas que poña ao seu dispor a súa acta como deputado". Nesta liña, tamen criticou o PP porque, segundo dixo, "están tratando de trasladar" a impresión de que o Goberno en funcións atrasa o traspaso de poderes. Segundo afirmou Varela, hai catro anos Fraga tardou 33 días en reunirse con Emilio Pérez Touriño. "agora piden que non se adxudiquen obras en funcións, que se paren os proxectos; debe ser que queren ter máis volume de obras para adxudicar con esa arte que xa lles coñecemos", acusou.

Cómpre lembrar que Agustín Hernández viña aparecendo destacado nas quinielas como un dos candidatos a ser o conselleiro de Política Territorial do próximo Goberno. Porén, a pasada semana sóubose que fora fichado por unha empresa á que fixera adxudicacións millonarias, apenas un par de meses despois de deixar o último goberno de Manuel Fraga. Por este feito o executivo saínte abriulle un expediente por incumprir a Lei de Incompatibilidades. A vindeira segunda feira Hernández encargaralle a un avogado independente un informe para demostrar que cumpriu coa Lei de 1996, e entregarao "esta mesma semana" na Consellaría de Presidencia, que é, segundo indicou o PPdeG, "a que en teoría abriu a investigación".

O futuro do PSdeG
En canto ao futuro seu partido, Varela sinalou que a maioría do PSdeG apoia a candidatura do conselleiro de Medio Ambiente en funcións, Manuel Vázquez. Repecto do seu propio futuro, Ricardo Varela confirmou que vai abandonar a vicepresidencia xeral do partido. "Se desaparece este caro decidirase na executiva. Quero darlle toda a liberdade do mundo ao secretario xeral para que propoña a súa dirección e a súa estrutura", argumentou.

Ademais, afirmou que se vai incorporar "xente nova" ao PSdeG porque "é a que ten que llevar as rendas do partido non dentro de moito tempo", para o que "tienen que saír do banco e meterse na política", concluíu.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: