Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presunta infracción grave

Expediente da Xunta a Agustín Hernández por incumprir a lei de Incompatibilidades

O presidente en funcións, Emilio Pérez Touriño, cualifica de grave a actuación do deputado do PP. O aludido insiste en que cumpriu "escrupulosamente a lei". Escoite aquí a reflexión de Touriño:

Redacción - 13:15 08/04/2009

Complícase o camiño de Agustín Hernández, deputado do PPdeG, cara ao próximo Goberno. Hernández, que veu aparecendo destacado nas quinielas como un dos candidatos a ocupar o sillón da Consellaría de Política Territorial do próximo Goberno, está nos últimos días de actualidade logo de facerse público que foi fichado por unha empresa á que fixera adxudicacións millonarias apenas un par de meses despois de deixar o último goberno de Manuel Fraga. Tal e como publicaba esta mesma semana o diario El País, Hernández realizou unha das adxudicacións en xullo de 2005 co goberno xa en funcións.

O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, confirmou este mércores á saída do Consello de Goberno, da apertura dun expediente a Agustín Hernández, na súa calidade de ex director xeral de Obras Públicas, por presunto incumprimento da Lei de Incompatibilidades. Recordou Pérez Touriño que se trata dunha infracción "grave" que pode implicar a inhabilitación para cargos públicos durante tres anos. "Desde o punto de vista, ético, político e xurídico estamos diante dunha conduta de incumprimento e infracción da lei e unha actitude reprochábel", afirmou Touriño ao respecto.



Na mesma xornada, Agustín Hernández retrucaba subliñando que cumpriu a lei "escrupulosamente" e criticaba que coñecese a existencia de tal expediente a través dos medios de comunicación, sen constarlle oficialmente a existencia do procedemento. Na tarde do martes, o PPdeG enviou un comunicado aos medios denunciando que se "intenta poñer en dúbida a honorabilidade do deputado autonómico". Os populares rexeitan as acusacións realizadas polo conselleiro de Presidencia en funcións, Xosé Luís Méndez Romeu, quen acusara a Hernández de ter incumprido a lei. Considera a dirección do PpdeG que o deputado pontevedrés "cumpriu e cumpre a Lei de Incompatibilidades". "O conselleiro de Presidencia en funcións sabe ou debe saber o que dicían e din as Leis e non ten sentido mentir ou intentar confundir, así como facer acusacións falsas", indican.


4,46/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Emilio Pérez Touriño durante a comparencia posterior ao derradeiro Consello da Xunta que preside
Emilio Pérez Touriño durante a comparencia posterior ao derradeiro Consello da Xunta que preside
Touriño e Quintana durante o derradeiro Consello do Goberno en funcións
Touriño e Quintana durante o derradeiro Consello do Goberno en funcións
Primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte
Primeira xuntanza de traspaso de poderes: á esquerda da imaxe, Agustín Hernández, xunto a Pedro Puy, Méndez Romeu e Gumersindo Guinarte
Outra imaxe do primeiro encontro de representantes do goberno saínte e do PPdeG (2 de abril)
Outra imaxe do primeiro encontro de representantes do goberno saínte e do PPdeG (2 de abril)