Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREVISIÓNS

Despois da chuvia, volve a neve

O temporal volveu provocar cortes de electricidade en nove mil vivendas e problemas de circulación nas estradas.

Redacción / EP - 10:00 10/02/2009

O temporal que atravesou este luns Galiza deixou ventos de até 155 quilómetros por hora. Os refachos máis fortes rexistráronse en Punta Candieira, en Cedeira. Ademais da suspensión das clases no ensino non universitario, que lles afectou a 385 mil estudantes, o mal tempo provocou desperfectos que deixaron máis de nove mil fogares sen subministro eléctrico, segundo informou a Consellaría de Innovación e Industria.

As chuvias produciron asolagamentos en vivendas e baixos comerciais en Brión, Muíños, Padrón, Celanova e Vilagarcía de Arousa, mentres que os problemas nas estradas se estenderon a concellos da práctica totalidade do país.

O único incidente que se rexistrou no mar protagonizouno un home de 70 anos que estivo varias horas desaparecido, despois de saír na súa gamela á Ría de Noia. Apareceu san e salvo cando trataba de voltar a remo.

Para este martes, Meteogalicia mantén a alerta laranxa para o litoral por mar de fondo do noroeste, aínda que as ondas irán disminuíndo dende os sete metros até os catro ao final do día. En terra volverá a neve, que se poderá rexistrar en áreas situadas por riba dos 700 metros de altura.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: