O primeiro ministro ruso, Vladimir, Putin dixo que os intermediarios serán eliminados no seu comercio.
Cartaz fronte ao parlamento de Bulgaria, país afectado polo conflito
Rusia e Ucraína asinaron este luns un acordo para os próximos 10 anos polo que Moscova renovará as subministracións de gas ruso a Ucraína e Europa, segundo informan as axencias internacionais, que lle pon fin ao conflito das últimas semanas.
O primeiro ministro ruso, Vladimir Putin, dixo na cerimonia que agarda que se renove o fluxo completo a Europa a través de Ucraína nun futuro inmediato. Ademais, asegurou que os intermediarios serán eliminados no comercio de gas.
Á cerimonia tamén acudiron a primeira ministra ucraína, Yulia Tymoshenko, e os presidentes das compañías estatais rusa, Gazprom, e ucraína, Naftogaz: Alexei Miller e Oleh Dubyna, respectivamente.