Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dende este martes

Gazprom volve subministrar gas a Europa a través de Ucraína

A estación comezou a bombear gas inmediatamente despois de recibir a orde da oficina central, ás 10.00 horas en Moscova (8.00 na Galiza).

Redacción - 11:30 13/01/2009

A dirección da empresa estatal do gas ruso, Gazprom, reactivou este martes o bombeo de gas destinado aos mercados da Unión Europea a través de Ucraína, segundo informou a propia compañía, informan as axencias internacionais.

"Conforme aos acordos alcanzados, Gazprom retoma dende as 10.00 horas de Moscova (8.00 horas na Galiza) as subministracións de gas aos consumidores europeos, suspendidos por culpa da parte ucraína", afirmou a compañía nun comunicado.

"Cara ás 10:46 horas de Moscova o gas procedente da estación de medición de gas de Sudzha (na provincia de Kursk, na fronteira con Ucraína) cruzou a fronteira de Rusia", precisou un representante de Gazprom.

A estación comezou a bombear o gas inmediatamente despois de recibir a orde da oficina central de control do transporte de gas. "Na estación de Sudzha atópanse representantes da Comisión Europea, de Ucraína e de Gazprom", engadiu.

Nas 24 horas vindeiras enviaranse desde Sudzha a Europa, a través do territorio ucraíno, 76,6 millóns de metros cúbicos de gas, dos que 62,7 millóns destinaranse, en virtude de contratos asinados, aos consumidores nos Balcáns e 13,9 millóns de metros cúbicos, a Moldavia.

Calcúlase que o gas tardará entre 24 e 36 horas en chegar ás estacións de bombeo europeas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: