Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protestas en Grecia

Ferido de bala un policía antidisturbios en Atenas

Segundo fontes oficiais, dous homes que portaban armas de repetición Kalashnikov, realizaron os disparos.

Redacción - 12:00 05/01/2009
A policía inspecciona o lugar dos feitos

A policía inspecciona o lugar dos feitos

Un axente grego da policía antidisturbios resultou ferido este domingo á noitiña en Atenas, como consecuencia dos disparos -vinte, segundo os seus compañeiros- realizados por dous homes que portaban armas de repetición Kalashnikov, informaron fontes oficiais.

O axente, que recibiu o impacto de dúas balas, formaba parte dunha unidade encargada de custodiar o ministerio de Cultura grego. Segundo os medios locais, púxose en marcha un intenso dispositivo policial para capturar os autores do ataque. Varias persoas xa foron detidas para seren interrogadas.

O incidente tivo lugar no distrito de Exarchia, perto de onde o adolescente Alexandros Grigoropoulos foi asasinado por un axente de policía o mes pasado. Dende aquelas, as protestas nas rúas de Atenas son diarias, algunhas violentas entre as forzas de seguridade e os manifestantes.

Protestas contra Israel
Esta mesma fin de semana, os antidisturbios dispersaron con gases lacrimóxenos centos de manifestantes que protestaban contra os bombardeos en Gaza fronte á embaixada de Israel.

Non é a primeira vez dende a morte de Grigoropoulos que se produce un ataque con armas de repetición contra a policía. Tamén en decembro, un vehículo de axentes antidisturbios foi obxecto de disparos ao seu paso pola universidade. Ningún dos seus 20 ocupantes resultou ferido.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: