Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No décimo día de folga

Un cento de traballadores da limpeza soben no barco a Cangas ao non poder manifestarse en Vigo

Penduraron a pancarta da proa, e subiron a bordo para estender as súas reivindicacións a outras vilas da provincia. Os empresarios non os recibirán até esta cuarta feira.

Redacción - 13:00 25/11/2008
Portando a pancarta coas reivindicacións, por unha rúa viguesa / Imaxe: CIG

Portando a pancarta coas reivindicacións, por unha rúa viguesa / Imaxe: CIG

A primeiras horas da mañá un grupo de piquetes pretendía entregar a convocatoria de folga da limpeza na sede da Confederación de Empresarios, en Vigo, mais atopáronse, mais unha vez, coa policía española, que lles impedía a entrada no predio.

Xa é a décima xornada de folga indefinida na provincia de Pontevedra, e as representantes dos traballadores e traballadoras aínda non foron recibidas polos empresarios, así que, ante a dificultades para presentar as súas esixencias e de seguir coas mobilizacións en Vigo, un grupo dunhas 200 persoas dirixíronse cara o porto e decidiron subir a bordo do barco de pasaxe que leva a Cangas, para visibilizar, tamén do outro lado da ría viguesa, o conflito no que están inmersos, e estender, así, a súa protesta a outras vilas da provincia. Aínda quedaron un grupo dun cento de persoas que non puideron subir no primeiro barco, e que han agardar polo do mediodía, mais o pasaxe das 11:30 horas ía adornado coa pancarta principal, que encabezaba a marcha, na que se podían ler as reivindicacións dos traballadores: "limpeza en folga por un convenio xusto".

Ao tempo, outro grupo de traballadores a traballadoras atópase pechado, en protesta, na delegación da Consellaría de Presidencia, na cidade de Pontevedra.

Posibilidades de peche dalgunhas facultades
Na décima xornada de folga segue sen haber avances nas negociacións, e os sindicatos maioritarios convocantes do paro (CIG, UXT e CCOO), quéixanse de que foi baixando, ao pasar as xornadas, o número de persoas que seguen e participan nas mobilizacións.

Até o de agora, os traballadores da limpeza só conseguiron xuntarse cunha das empresas que fan parte da patronal na provincia de Pontevedra, mais está fixada para esta cuarta feira, en Compostela, unha xuntanza coas dúas asociacións de empresarios do sector e coa directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, Pilar Cancela, da que podería saír un acordo satisfactorio para as partes. Os traballadores levan 10 días pedindo unha mellora do convenio provincial, que pasaría, sobre todo, por introducir importantes melloras salariais.

Na mañá da terza feira os reponsábeis das facultades máis afectadas por este paro da Universidade de Vigo ían manter unha xuntanza para decidir se pechar ou non algún destes centros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os 'piquetes', a primeira horas da mañá, impedindo a entrada de traballadores da limpeza ás instalacións de Ence, en Pontevedra / Imaxe: CIG
Os 'piquetes', a primeira horas da mañá, impedindo a entrada de traballadores da limpeza ás instalacións de Ence, en Pontevedra / Imaxe: CIG
Outro grupo de piquetes / Imaxe: CIG
Outro grupo de piquetes / Imaxe: CIG
Os manifestantes decidiron desprazarse a Cangas para continuar coas mobilizacións / Na imaxe, colocando a pancarta na proa
Os manifestantes decidiron desprazarse a Cangas para continuar coas mobilizacións / Na imaxe, colocando a pancarta na proa
Na terceira xornada do paro houbo fortes cargas e identificacións na mobilización en Vigo / Imaxe: Zélia García
Na terceira xornada do paro houbo fortes cargas e identificacións na mobilización en Vigo / Imaxe: Zélia García