Cualifican de "decretazo" a decisión do goberno español, advertindo que "cercena" as competencias en materia económica e financeira de Galiza.
As brigadas propias, que se crearan hai nove anos, están a ser desmanteladas: non se cobren vacantes e non reciben o material preciso.
En todo o país escoitáronse as voces en resposta á reforma laboral que introduce o abaratamento do despido.
"Para iso nos rebaixa Feijoo os salarios, para entregarlle o montante a empresas privada", denuncia a CIG-Autonómica ao respecto das manobras do Goberno.
A central nacionalista anima a todos os traballadores a rexeitar as medidas anti-crise defendidas polo goberno español e demanda a convocatoria dunha folga xeral.
Moi crítico con CCOO e UXT, o secretario xeral da CIG lamenta que a convocatoria se adíe até setembro e adianta que a central nacionalista participará mais, probabelmente, por separado.
O xuíz tamén lles impón multas por lesións e danos. Mentres, xunto con outros 11 acusados, foron absoltos do delito de desorde pública.
Os sindicatos convocan mobilizacións contra o recorte do 5% no salario dos funcionarios, que culminarán cunha folga a comezos do mes que vén.
O sindicato advirte que non se está indo ao miolo dos cambios necesarios para frear a crise "e evitar que se reproduza".
A formación sindical solicita a creación dunha mesa de negociación con presenza das centrais sindicais.
Xornada para a mobilización e para o subliñado das reclamacións máis urxentes. Entre outros, advertencia ás administracións: coidado cos recortes sociais.
Hai un mes que a CIG-Autonómica prognosticou o nome da empresa que se confirmou "agraciada" co contrato. Exemplo din, do "clientelismo" da consellaría de Medio Rural.
A Dirección Xeral reuniuse cos sindicatos este martes para os informar das modificacións introducidas ao funcionamento dos tribunais de selección.
O sindicato nacionalista entregoulle o Premio Día da Clase Obreira Galega aos traballadores de Caramelo.
A CIG amosa a súa preocupación polo feito de que a nova entidade se converta nunha sorte de ETT e pola nula información que recibiu o persoal afectado.
Argumentan que "deben estar avaladas polo 33% dos delegados do persoal laboral da industria auxiliar ou dos comités das empresas principais". A central é maioritaria.
A coordinadora da sección sindical pedira a posta en marcha dos Consellos de Redacción para evitar a "manipulación informativa, como na folga contra o decreto".
Un cento de traballadoras da empresa de telemarketing Sykes maniféstanse na Coruña contra o desmantelamento do seu centro de traballo.
O sindicato asegura que a Xunta contratou de xeito irregular 60 persoas vencelladas a unha compañía que ten de apoderado un ex-asesor de Cultura no goberno de Fraga.
Comisións Obreiras, UXT e patronal pactan unha suba salarial dun 1% para este ano, malia que a previsión é que o IPC sexa do 1,1%. A CIG considera o incremento ridículo e alerta da perda de capacidade adquisitiva.