Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE XOVES EN TODAS AS CIDADES

A CIG chama a protestar contra a reforma laboral

A central nacionalista anima a todos os traballadores a rexeitar as medidas anti-crise defendidas polo goberno español e demanda a convocatoria dunha folga xeral.

Redacción - 13:55 17/06/2010

Darlle unha resposta inmediata ao goberno central contra a reforma laboral que vén de aprobar o Consello de Ministros. Este é o obxectivo da convocatoria da central sindical CIG para a tarde deste xoves nas principais cidades galegas. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa.

A central nacionalista repartirá tamén folletos explicando “a necesidade de dar unha resposta contundente aos cambios que o goberno español pretende introducir porque constitúen un ataque aos dereitos da clase traballadora”. Entre os principais argumentos, sosteñen que “abaratar o despedimento non vai xerar emprego e que reducir os salarios desactivará o consumo e paralizará a economía”. Na mesma liña, “lembran que os países con salarios máis altos son os que menos están a sufrir a actual crise económica, teñen unha menor porcentaxe de desemprego e os contratos son menos precarios”.

Velaquí os lugares de cada convocatoria:
Vigo: Vía Norte ás 20.00 horas
A Coruña: Praza da Palloza ás 20.00 horas
Santiago de Compostela: Praza Roxa ás 20.30 horas
Pontevedra: Praza da Ferrería ás 20.30 horas
Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 20.00 horas
Lugo: Parque de FRIGSA ás 20.00 horas
Ourense: Pavillón dos Remedios ás 20.00 horas
Vilagarcía de Arousa. Casa do Mar (Avenida da Mariña) ás 20.30 horas


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: