Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVIDADES AUDIOVISUAIS

O Festival de Cine de Ourense acada a XIII edición con máis filmes e máis orzamento

A mostra ourensá contará cunha pequena feira relacionada co audiovisual e foros despois das proxeccións, entre outras novidades.

Redacción - 17:19 01/09/2008

A décimo terceira edición do Festival de Cine Internacional de Ourense chega con máis filmes, máis orzamento e varias novidades. A mostra desenvolverase do 11 ao 18 de outubro, contará con 113 producións audiovisuais e dispoñerá de 600.000 euros de investimento, un 50 por cento máis ca no ano anterior.

Este luns presentouse o festival ourensán, nun acto que contou coa presenza do seu xerente, Enrique Nicanor, e mais a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, e o tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal. Nicanor salientou que, desta volta, as persoas que asistan ao festival poderán acceder a actividades paralelas, como tres clases maxistrais e un foro apoiado pola Academia Aberta.

Tamén cambiará a sede central da mostra, que pasará a ser o Auditorio, aínda que tamén haberá proxeccións no Centro Cultural, no Teatro Principal e en Cinebox. No edificio principal habilitarase unha zona para o debate audiovisual despois da visión dos filmes. Tamén se instalará unha "pequena feira" no contorno do Auditorio, como "punto de encontro" entre os profesionais, anunciou Nicanor.

Ao participaren máis producións, tamén haberá máis premios, divididos en catorce temáticas. Alexandre Sánchez Vidal interviu para asegurar que o aumento do orzamento nun 50% se debe a que é a primeira vez que o grupo do BNG tivo a "capacidade de facer os presupostos". O investimento pretende darlle máis importancia ao festival para que en tres anos entidades privadas ou mesmo a Unión Europea apoien a iniciativa.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: