Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónicas da India (16)

Por iniciativa propia

Muthamal conseguiu convencer 30 mulleres de que non tiñan que depender máis da usura. Escribe María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento.

María Reimóndez - 13:30 08/08/2008
Tags:

Non hai volta atrás
O efecto do traballo espállase alén dos límites dos suburbios do proxecto. Aí, nos bordes, acontecen moitas cousas. Onte, no límite de C-Block, unha muller mallaba nun neno de xeito brutal. Unha escena que tería pasado desapercibida e así o fixo para a xente que pasaba por diante da casa, pero non para as nosas traballadoras e as mulleres que viñan connosco porque non mediu un minuto para que Gayalakshmi, a nosa asesora de xénero, se achegase á porta da casa para chamar educadamente a atención da muller e indicarlle que pegándolle ao neno non lle ía inculcar o amor polos estudos (que supostamente era a orixe da malleira).

Mais non é só o persoal quen comeza a saír dos límites físicos do suburbios do proxecto, tamén as mulleres, como Mumtaj, que coñeceu a unha rapaza no hospital, cando a súa filla deu a luz. Por desgraza, a outra muller, que vive tamén no borde dun dos nosos suburbios, Panju Kidangu, perdeu o fillo. A súa familia non se quería facer cargo dos gastos do funeral. Pero Mumtaj si. Así que foi ata a súa casa levarlle uns cartos. E ese mesmo día dúas traballadoras, Gayalakshmi e Caroline, foron buscar a casa desa muller para ver que precisaba. Todas estas cousas non caben nos formularios, nas matrices, nos termos técnicos, pero para min son o resultado máis evidente dun cambio que xa non ten volta atrás.

Por iniciativa propia
Muthamal e mais eu coñecémonos dende hai xa tempo. Ela vive en Kajapettai e falamos máis veces por outras cousas. Desta vez por ser integrante do consello de suburbio. Mais non lle abondou con isto. Ela mesma e por propia iniciativa decidiu poñer en marcha dous grupos de aforro novos con mulleres que aínda non se integraran en ningún.

Son 30 mulleres máis ás que ela soíña conseguiu convencer de que non tiñan que depender máis da usura. Explicoulles o funcionamento dos grupos e agora asiste ás súas xuntanzas cada mes para darlles orientación. Seguen estes inesperados e felices efectos de multiplicación.


Crónicas anteriores:


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: