Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este domingo

O Tíbet celebra o aniversario do Dalai Lama vixiado pola China

As festas meirandes faranse no exilio de Daramsala, onde vive o líder espiritual dos tibetanos.

Redacción - 12:45 06/07/2008
Situación da Lhasa, a capital, na rexión do Tíbet

Situación da Lhasa, a capital, na rexión do Tíbet

Este domingo os tibetanos de todo o mundo celebran o aniversario do seu líder espiritual e político, o Dalai Lama, que en 2008 cumpre 73 anos.

Aínda que as autoridades chinesas prohibiron as celebracións no Tíbet (calquera imaxe do Lama está totalmente prohibida na rexión), cada ano os habitantes lembran a data con pequenos símbolos, recoñecidos por todos: queiman incenso, xúntanse nos templos... Pero este ano a capital do Tíbet, Lhasa, é un fortín asediado polas tropas do exército chinés, debido ás fortes protestas que se desenvolveron en marzo e abril, e a celebración, aínda que agochada, vai ser moito máis difícil de facer.

Celebracións no exilio
Onde si vai haber celebracións vai ser en Dharamsala, ao norte da India, onde viven a maior parte de tibetanos exiliados (unhas 150 mil persoas) e o Dalai Lama. Cada ano nesta data organízanse diversas manifestacións culturais tibetanas, con música e desfiles, alén de varios actos relixiosos.

Tamén haberá festa noutras cidades do globo, mesmo no Estado Español. En Barcelona, por exemplo, a a Fundació Casa del Tíbet organizou unha festa, con música e oración, mais a concentración non vai ter o ton festivo que se agardaba, debido ao loito que aínda se garda polas traxedias vividas este ano (o terremoto de Sixuán, o ciclón Nargis en Birmania e a represión violenta das protestas no Tíbet).


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: