Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O Trasno

Tibet 2008

A un tal Blanco, ourensán que exerce de presidente do comité olímpico español, tocoulle tragar sapos e declarar todo o seu apoio a que os xogos se celebren con normalidade porque “non é o momento da política, senón do deporte”.

Daniel López Muñoz - 19:16 11/04/2008
Tags:

Nin os cento trinta mil tibetanos e tibetanas refuxiados na India desde 1959, nin os que foron recentemente represaliados, nin as redes solidarias por todo o planeta teñen exactamente a mesma opinión sobre os “límites exactos da política”.
 Tampouco Desmond Tutu, que está onde debe, unha vez máis, nin outras celebridades, ni sequera o parlamento europeo.
Na vida hai que trazar liñas. Liñas que marquen o límite entre o irrenunciable e o relativo, entre o aturable e o ignominioso. Ás veces é o momento dos principios, non dos compangos e xa non vale iso de separar as esferas do deporte e a política, porque política foron os xogos de Berlín que Goebbels organizou para maior gloria de Hitler; e político foi o mundial de Arxentina de 1978, en plena ditadura militar.

Tendemos a refuxiarnos nesa separación fácil e esquecemos que iso que se chama despectivamente política, comprende tamén a garantía mínima dos dereitos humanos e das liberdades básicas dos pobos. E iso é demasiado serio para deixalo nas mans dos políticos. E máis aínda do burócratas do deporte.

O do Tíbet é, ademais, un símbolo mundial. Por iso todos e todas nos xogamos algo na loita dos tibetanos e dos monxes e monxas budistas. Simbolizan a loita digna a favor da diversidade cultural; da color contra o uniforme gris; dunha espiritualidade antiga e austera contra unha máquina inmensa, fría e supostamente racional de produción e consumo en masa.

Tamén era importante que importasemos esa loita a Galicia, porque aquí estamos sobrados de mentes esquemáticas, bastante grises, perfectamente racionais e vacinadas contra as cousas do espírito e, de paso, contra a color e a diversidade interior. Se cadra é culpa do nacional catolicismo. Se cadra si.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: