...lembrar dálle vida
Os videoartistas non asolagaron a caixa de correo como fixeron os afeccionadas á fotografía unha vez máis nesta edición do certame Unha Imaxe para o Galego. Con todo, a videocreación vai prendendo entre os internautas.
Achegámosvos unha máis da ducia de propostas videográficas que recibimos antes de que este venres pechase o concurso.
A Lingua ten memoria (o vídeo)
Maio de 2008, reapertura da foxa na igrexa de Xinzo, en Ponteareas. O segundo intento acada o obxectivo de exhumar os represaliados en 1937. Imaxe: Toni (canaltonichu), Elizabeth, Xeitoso. Música: Gabriel e Galán – Uxía e Guillermo Fernández