Xa temos a primeira foto que concursa á terceira edición de 'Unha imaxe para o galego'.
“O que non é natural é que pais galegofalantes eduquen os seus fillos en español: 'por un mellor porvir', 'por unha mellor educación', 'por unha mellor situación social',...Así é o pé de texto que acompaña á primeira foto que chega á terceira edición do concurso Unha imaxe para o galego. O seu autor, Manu Lago, é o o mesmo que gañou o ano pasado no apartado de fotografía.
Anímate, a mellor foto e o mellor vídeo sobre a transmisión do idioma teñen premio. Consulta as bases, porque ti es a mellor (re)cámara do idioma.