Seguimos recibindo imaxes e vídeos que reflictan a transmisión do uso do idioma.
Seguimos a buscar a imaxe e o vídeo que mellor representen a transmisión da lingua. Para participar na terceira edición de Unha imaxe para o galego haberá que fuxir de tópicos: retratos de autores ou xente da cultura, bandeiras, libros... Porque a lingua tamén pode ser, ademais dunha tradición, festa e ledicia.
Así o quere transmitir nesta imaxe Marián R. G., de Marín: "O galego é a nosa lingua, dende sempre, como as festas. Non permitamos que, o mesmo que elas, vaia desaparecendo". O prazo segue aberto. Anímate e envía a túa achega, pois haberá premios para os mellores participantes. Consulta aquí as bases.