Karra envíanos esta foto titulada 'Agromando'. Xa hai 93 instantáneas e nove vídeos competindo por ser a imaxe do galego.
O primeiro retrato do idioma pode ter lugar nunha cosulta de xinecoloxía. Karra envíanos unha ecografía acompañada dunha flor para falarnos dunha esperanza, dun agromar para a lingua. “O galego: lingua materna”, este é o sinxelo e contundente pé de foto.
E cando quedan só catro días para que remate o prazo de adminisión (venres, 4 de xullo) non paran de chegar instantáneas (xa van 93) e vídeos para o concurso.
Bule! Consulta aquí as bases e os traballos a concurso.